Un novo estudo do equipo do Valedor do Cidadán de Vigo indica as actuacións a seguir para reducir as emisións de gases, e xa que logo, a contaminación da cidade, que supera á de cidades con moita máis poboación como é o caso de Barcelona.
O traballo, concluído recentemente en inglés e galego, presentarase á opinión pública en setembro e supón unha continuidade co elaborado recentemente sobre a situación de Vigo no que a contaminación atmosférica refírese.
A idea é facilitar un instrumento, non só ao Concello de Vigo, senón aos doutras cidades, para mellorar a calidade de vida. Con tal motivo enviáronse exemplares a 400 cidades europeas de 28 países. No caso concreto de Vigo trataríase de mellorar a cifra de contaminación actual, de 5,5 toneladas anuais de dióxido de carbono por habitante. O tráfico é a principal causa de contaminación ata o punto de emitir ao aire cada ano un total de 815.000 toneladas de dióxido de carbono, segundo informes do Ministerio de Medio Ambiente e da Fundación Ecoloxía e Desenvolvemento.
E é que, a escasa utilización que aínda se fai do transporte público leva a diario aos viarios da cidade a máis de 325.000 vehículos, unha cifra moi afastada da recollida no Plan Estratéxico Provincial, que o cifraba en 100.000.
Precisamente unha das causas que sitúan a Vigo por encima de Barcelona en canto a contaminación atmosférica é a masiva utilización do vehículo privado, xunto co menor uso do gas natural. A propia Comisión Europea demostra que o 21% da contaminación do vello continente débese aos tubos de escape.
En Galicia, o 80% dos gases teñen a súa orixe no motor dos vehículos.
A falta dun sistema de trens de proximidade con localidades próximas como O Porriño ou Mos, nas que se sitúan boa parte das empresas, contribúe, sen dúbida, a fomentar o uso de vehículo particular. Tampouco favorece moito o tempo medio de percorrido empregado polo autobús urbano.
![]() |
![]() |
![]() |