![]()
A Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro, quere mostrar a súa preocupación ante as novas aparecidas na prensa local sobre a construción dun chamado tanque de tormenta no centro de Gondomar. ![]() Vista dos traballos ante a urbanización As Garzas, en Gondomar.
1. A solicitude de información de Salvemos Monteferro sobre o proxecto non foi respondida por Augas de Galicia. Cando saltou esta nova á prensa, o 19 de setembro de 2012, esta asociación presentou por dúas veces solicitude de infomación ambiental a Augas de Galicia para coñecer, antes de opinar, os proxectos seguintes:
Augas de Galicia, incumprindo a lexislación que regula o acceso á información en materia de medio ambiente (lei 27/2006 Título-II) e o procedemento administrativo (lei 30/1992) nunca respondeu ás solicitudes. Nos últimos días, o concello de Gondomar paralizou a obra, xa que o PP non contou cos votos dos seus socios de goberno (CDL) e do concelleiro do PP Eladio Costas. 2.- O proxecto non foi sometido a Avaliación Ambiental nin a exposición pública, e a licitación da obra no DOG era indetectable para calquera cidadán común. O proxecto non foi publicado no DOG, nin no BOP, nin avaliado ambientalmente, nin sometido a exposición pública. Un cartel da obra mostra o número de clave: OH.336.938, que permite localizar a licitación da obra no DOG a posteriori: Pero o título da licitación da obra no DOG cita o proxecto co número de clave, e non da información sobre o tipo e o lugar da obra. Isto faino indetectable no DOG antes da obra para calquera cidadán interesado, e supón un novo boicot á participación da cidadanía en asuntos ambientais. Estes feitos supoñen un incumprimento da lexislación que regula o procedemento administrativo (Lei 30/1992); a avaliación ambiental (RDL 1/2008-Texto refundido da Lei de AIA; Decreto 133/2008, de Avaliación de Incidencia Ambiental) e a participación pública en materia de medio ambiente (Lei 27/2006 Título-III). 3.- A ficha técnica do proxecto afirma que se pretenden construir dous tanques O número de clave exposto na obra tamén permite localizar a posteriori, na web da empresa, unha ficha técnica do proxecto na que se citan dous tanques de tormenta, un en Vilaza e outro en Gondomar. Según información non confirmada, parece que ante as negativas dos veciños e veciñas de Vilaza para que se fixera alí, se decidiu non facer éste e aumentar o tamaño do tanque proxectado en Gondomar. 4.- O problema real é a ausenza dunha rede separativa de augas pluviais e fecais, e este problema non pode ser solucionado nin paliado por un tanque de tormenta.
A rede de saneamento de Gondomar (como a de case todos os asentamentos urbanos de Galicia que contan con tal rede) non é separativa (dúas redes independentes para augas pluviais e fecais), senón unitaria (unha soa rede para ambos usos), polo que as augas pluviais e as augas fecais chegan mixturadas á depuradora. Un problema engadido é a ausenza de depuración (pretratamento) das augas residuais industriais en orixe, de xeito que chegan á depuradora mesturadas coas pluviais e as fecais. Pois ben: incluso en caso de choiva débil, o caudal de augas residuais mesturadas que chegan á depuradora sobrepasa a súa capacidade de depuración en tempo real. Este problema non ten solución, porque a auga de choiva que cae sobre o territorio servido por unha depuradora non se pode reter nun tanque de tormenta. Non cabe, por enorme que o tanque sexa. A única acción posible é verquer as augas (mixtura de augas pluviais, fecais e industriais), sen depurar, directamente ao medio nunha operación que técnicamente se chama DSU (Descarga de Sistema Unitario). E isto é o que leva facendo a Depuradora do Lagares en Vigo dende a súa inauguración en 1997. E a de Gondomar. E o resto das depuradoras do País que atenden redes unitarias. 5.- As funcións dos tanques de tormenta Os tanques de tormenta teñen dúas funcións:
A modo de exemplo de macrodepósitos de tormenta podemos citar os depósitos de regulación de augas pluviais de Barcelona, que están diseminados pola ciudad: ![]() O PECLAB conta con 7 depósitos en funcionamento
(capacidade total: 273.000 m3) Ou os tanques de tormenta de Pozuelo de Alarcón: ![]() O Tanque de Tormentas de Pozuelo de Alarcón mide 150 metros
de largo por 60 de ancho e máis de 5 de altura. Pode recoller e filtrar ata 30.000 toneladas de auga en caso de fortes choivas. Ou os impresionantes depósitos de tormenta da cidade de Tokio: Características do sistema de drenaxe de tormentas de Tokio:
6.- Redes unitarias e choiva: dilución en lugar de tratamento
Segundo todo o descrito, no caso das redes unitarias, cando chove o tratamento das augas residuais queda substituído pola dilución, con ou sen tanques de tormenta. Pero isto transgrede un veterano principio da inxeniería de protección ambiental: "Dilution is not a solution to pollution." Se a descarga é no mar, en profundidade e sen correntes de retorno, o impacto queda levemente mitigado. Se a decarga é nunha Ría, na Foz ou nun río, o impacto é catastrófico. 7. Por que a auga de choiva non se pode reter nun tanque de tormenta?
O cadro seguinte mostra o comportamento dun tanque de 1000 m3 (1ML=1.000.000 de litros) de capacidade, que recolle a auga de choiva caida nun ámbito territorial de 1 km2 (o Concello de Gondomar ten unha superficie total de 74,5 km2, e a superficie artificializada supera con moito 1 km2). No cadro utilízase a clasificación de choiva da Axencia Estatal de Meteoroloxía (5 tipos de choiva segundo a intensidade da precipitación). O cadro mostra, segundo a intensidade da choiva, o tempo de enchente do tanque, o volume de auga que chega ao tanque e xa non cabe, polo que hai que aliviala, e ese mesmo volumen expresado en porcentaxe da precipitación habida. ![]() Ao repetir o cálculo con tanques máis grandes compróbase cómo o desmesurado volume da precipitación, incluso dunha choiva moderada ou débil, supera calquera capacidade. É dicir: a auga de choiva non cabe nun tanque de tormenta, por grande que o tanque sexa. ![]() 8.- A contaminación da Foz do Miñor foi denunciada por Salvemos Monteferro no Comité de Peticións do Parlamento Europeo.
Salvemos Monteferro presentou denuncia no comité de peticións do Parlamento Europeo polos altísimos niveis de contaminación por E.Coli na Foz do Miñor (Rede Natura 2000) que a teñen pechada ao marisqueo desde o ano 2010. Unha das principais causas de esta contaminación, son os verquidos da depuradora de Gondomar ao río Miñor, pero estes niveis non se dan solo no inverno cando chove, se non que tamén hai importantes picos de contaminación no vrao como se pode ver na seguinte gráfica feita con datos do INTECMAR (sin datos do ano 2009). ![]() En amarelo zona B, en vermello zona C, e en azul pechado ao marisqueo
Por outra banda, e según datos de Augas de Galicia, a depuradora de Gondomar ten un caudal medio de diseño de 6.720 m3/día e un caudal máximo de 562 m3 por hora (13.488 m3/dia). Cando esta asociación preguntou a Augas de Galicia polos caudais de entrada tratados na depuradora, os datos indican que están moi preto do caudal máximo: 12.903 m3/dia para o ano 2009, 11.955 m3/dia para o 2010 e 12.317 para o ano 2011. Sempre moi por encima do caudal medio de diseño. Estes datos sobre o caudal de entrada tratado, poñen de manifesto que non é certo que nos momentos de choiva intensa, as augas pasen pola depuradora, xa que de ser así, o caudal de entrada tratado tiña que ser moito maior no inverno que no vrao, feito non constatado polos datos aportados por Augas de Galicia. Supoñemos que en eses momentos se fai un bypass e se verquen as augas directamente ao río Miñor sen tratar. De non facelo así, o enorme caudal arrastraría o sistema de depuración secundaria da depuradora e sería peor o remedio que a enfermidade. 9.- O tanque non só non soluciona o problema, senón que a súa localización pode agravar a contaminación do río Miñor.
En caso de choiva torrencial, o tanque, unha vez superada a súa capacidade, tería que ser aliviado da súa carga de auga pluvial mesturada con augas fecais. Se o tanque estivese situado na depuradora, o alivio do tanque contaminaría, como fai ata agora o alivio do sistema, a Foz do Miñor e o propio río Miñor augas abaixo da sua localización. Pero o tanque está localizado no centro de Gondomar, polo que hai dúas posibilidades:
10.- Cal é a solución?
Está claro que a solución non pasa pola construción deste tanque. Son moitas as cousas que hai que facer, pero enterrar 3.5 millóns de euros (casi 600 millóns de pesetas) neste proxecto, é tirar con cartos que poderían ser empregados en cuestións moito máis importantes.
![]() ![]() |
Comentarios actuais
7 comentarios até agora (pon o teu)NON PASARAN!
Xa estamos fartos de tanto mamoneo. Transparencia XA e tempo para coñocer o documento
Autor: Pepe Leirao o Xoves, 13.06.13 @ 15:52pm | #148
Grazas, por este articulo, é moi esclarecedor, demostra que este tanque non beneficia a ninguén ¿Ou si?.
Si se tubo en conta a opinión dos veciños de Vilaza, e se protexe o patrimonio histórico de Gondomar (ponte romana de Mañufe), ¿porque non se escoita os veciños da zona urbana de Gondomar?.
Sexamos prácticos, ¿como podemos impedir que se leve a cabo este grande erro?
Autor: Alfonso o Sábado, 22.06.13 @ 21:53pm | #149
MUCHAS GRACIAS
Autor: carmen barros o Domingo, 23.06.13 @ 15:18pm | #150
Buen artÃculo, solo un detalle: El ayuntamiento no paralizó la obra por no contar con los votos, la obra se paró en viernes, y el pleno en el que se votó eso fue el jueves siguiente, y lo que salió fue que tienen que mandar un petición a Aguas de Galicia para que paralicen las obras porque en teorÃa el Ayuntamento no tiene ninguna potestad sobre esto. No se sabe como ni quien paralizó las obras y estarÃa bien saber el porqué, a mi me da que es para que la gente se calme y dejen de preocuparse para luego retomarlo...
Bueno, un saludo :)
Autor: Gondomar o Domingo, 23.06.13 @ 17:16pm | #151
VUESTRA COLABORACION EN ESTE TEMA ES INESTIMABLE.ESTAMOS CON AVERIAGUACIONES SOBRE EL ASUNTO DEL MAL LLAMADO TANQUE DE TORMENTAS.LO QUE REALMENTE ES ESTA INFRAESTRUCTURA (EN UN SISTEMA UNITARIO COMO EL DE GONDOMAR) RESPONDE A UNA GRAN BALSA DE ALMACENAMIENTO DE TODAS LAS AGUAS INCLUIDAS LAS FECALES CON ESTACION DE BOMBEO INCLUIDA PARA SU POSTERIOR REENVIO A LA EDAR.EL TEMA SEGURIDAD EN LA ZONA DE BAIXA REDONDA Y ORILLAS DEL RIO MIÑOR ES NUESTRO OBJETIVO INMEDIATO.OS MANTENDREMOS INFORMADOS MUCHAS GRACIAS.
Autor: Carmen Barros o Domingo, 23.06.13 @ 18:59pm | #152
Hola.Os sigo y hoy estarde pero mañana os cuento lo del pleno de hoy en gondomar respecto a la fosa
Autor: Carmen Barros o Venres, 5.07.13 @ 01:46am | #153
22/05/2019 noticia en FARO DE VIGO informando de que el juzgado da la razón a AUGAS DE GALICIA y multa al ayuntamiento de Gondomar por los "daños" causados por la paralización de las obras.
No entiendo como puede suceder esto después de leer los datos y todas las irregularidades que se han dado en este caso y que habéis expuesto en este estupendo artÃculo.
Están intentando poner una tirita a toda costa sin haber antes curado la herida (un tremendo despropósito).
Autor: ELI o Xoves, 23.05.19 @ 00:40am | #162