http://www.salvemosmonteferro.org
Monteferro, 22 de Xuño de 2009:





Volveron acenderse as alarmas en Monteferro



O anuncio de elaboración dun proxecto de camiño peonil arredor do monte fai que volvan xurdir vellas pantasmas.

Salvemos Monteferro solicitou ao Ministerio de Medio Ambiente o Prego de Cláusulas previo á redacción do proxecto... e as pantasmas axitáronse máis aínda.

Nese documento pode lerse o seguinte:

Nós xa dixemos no seu día que unha senda peonil discreta non tería por que ser un problema, sempre que non significase ningunha artificialización que desvirtuara o carácter de espazo natural do monte.

Pero iluminación, subministro de electricidade, abastecemento de augas, mobiliario urbano... son ideas incompatibles co que entendemos por espazo natural, que ademais nos evocan recordos desagradables de tempos que críamos pasados.

O proxecto dividirase en dúas fases. A primeira, duns 3.000 metros de lonxitude e sinalada en verde no mapa, atravesa a zona rural do monte. A segunda fase, con 2.000 metros de lonxitude, discorrerá pola zona próxima ás edificacións nos dous extremos da península.

Desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Nigrán nos aseguran que a Fase I, a que afecta á zona rural do monte, limitarase a acondicionar con xabre camiños xa existentes. Segundo esa concellería non haberá aquí traída de augas, nin iluminación, nin subministro eléctrico, nin mobiliario urbano, quedando reservados estes servizos só para a Fase II.

De todas maneiras Salvemos Monteferro seguirá moi atentamente todo o relacionado coa elaboración deste proxecto.


Comentarios actuais

6 comentarios até agora (pon o teu)

Sigo pensando que hay gato encerrado ,ademas no hace falta que te indiquen por donde tienes que pasear, el jabre significa COCHES Y MAS DETERIORO DEL MONTE YA DE POR SI BASTANTE JODIDO

Autor: mario matamoro o Martes, 23.06.09 @ 09:31am | #62

Esta gente es increible!!!!!
Porque no dejarán a Monteferro tranquilo, que no hagan nada, no queremos ni proyecto de urbanización, NO QUEREMOS MÁS TALAS INCONTROLADAS, ni camino peatonal, ni senda de treking, ni carretera bordeando el monte....

DEJEN TRANQUILO EL MONTEFERRO!!!!!

Autor: Arturo o Martes, 23.06.09 @ 11:19am | #63

Hai que estar atentos. Menos mal que estades vos, porque estos montan un circuito de rally "precioso" en un momentiño.

Non nos faltedes.

Autor: Pepe Cuña o Venres, 3.07.09 @ 21:44pm | #64

Haberá que andarse con coidado...que estes son capaces de volver á tala das árbores...

Autor: Lau o Martes, 15.12.09 @ 11:01am | #66

Nem caminho com xabre nem nada que começam assi e já sabemos como remata, nom se pode umha fiar do que dim Monteferro com o nome indica é um monte!!!

Autor: beatriz o Mércoles, 3.03.10 @ 20:01pm | #90

Hola,mas de una vez me tengo acercado a Monteferro
y me lo himagino dentro de gran cantidad de años,
en las personas,cuando visiten este monte y exclamen para sus adentros,,que maravilla de monte,que paisage se divisa desde aqui,,valla que pena que no tenga Carretera,,pero seguro que sin carretera lo encuentro mucho mas natural,, como devio ser hace cientos y cientos de años,, si ,, prefiero que siga siempre asi para que lo difruten
generaciones venideras,y que nadie lo cambie,, nadie deve tener derecho a cambiar un bien Comun.

Autor: Fernando Alonso o Sábado, 9.06.12 @ 18:35pm | #136

Deixe o seu comentario:

Autor:

E-Mail:

URL:

Comentario:


 


Teclee estes caracteres:

 

Nota: As contas de Email non serán visibles e usaranse só para validar o seu comentario. Manteña as formas. Calqueira comentario insultante, inapropiado ou ofensivo será eliminado.

Non se permite código HTML. Os saltos de liña serán convertidos automaticamente. Por favor, utilice BBCode para formatear o seu texto.