http://www.salvemosmonteferro.org
Monteferro, 4 de Febreiro de 2011:



A ENTULLAR ATA NOS ENTERRAR NO MAR !!!








"A Ría de Vigo é unha unidade funcional físico biolóxica (relacionada coa plataforma próxima e a contorna terrestre), na que as perturbacións que se produzan en calquera punto repercuten, en menor ou maior grao, no seu conxunto".

Coma quen di, un ser vivo.


Para coñocer a ria, a súa complexa hidrodinámica, a súa riqueza e os riscos que corre, podedes consultar este artigo.


1.- Benvid@ ao Porto de Vigo.

Desde a Autoridade Portuaria de Vigo, a presidenta, Dna. Corina Porro Martínez, na mensaxe de benvid@ ao porto di:

A la Autoridad Portuaria de Vigo que tiene en sus manos unos de los mayores complejos logísticos y empresariales de Europa llego con entusiasmo, espíritu de equipo y disposición permanente al acuerdo. Sin perder ni un minuto más es fundamentalmente tomar decisiones siempre respetuosas con el Medio Ambiente y con la gran riqueza de nuestra Ría. Decisiones firmes con la convicción de que es necesario abordar las obras para mejorar y optimizar la operatividad del Puerto de Vigo, así como abordar las obras necesarias en la Plataforma Logística de Salvaterra - As Neves.

Pero el Puerto debe disponer con urgencia de los documentos que fija la Ley como instrumentos básicos para afrontar su desarrollo futuro. El plan de Utilización de Espacios Portuarios y el Plan Director de Infraestructuras deben tramitarse y aprobarse en el menor tiempo posible.

Estos planes nacen con un amplio consenso y con un fructífero trabajo de la mayoría de la Comunidad Portuaria y con la habilidad, por parte de sus redactores, de haber incorporado todas las sensibilidades políticas, pero es necesario que en el equilibrio que debe de guardarse no nos olvidemos de lo que fueron nuestros orígenes. Y me refiero a la Pesca.

Me propongo, por ello, aprovecharlos para avanzar en la elaboración del Plan Especial del Puerto, pieza clave para nuestro desarrollo, e instrumento decisivo para conciliar armónicamente puerto, ciudad y área metropolitana.

De glorias pasadas no se vive. Por tanto debemos ampliar y ordenar espacios, mejorar los muelles comerciales, la terminal ro-ro, los muelles pesqueros y poner en marcha la autopista del mar, para ello necesitamos nuevas infraestructuras.

El Puerto es la memoria viva de nuestra ciudad. Pero no basta con que sea memoria, queremos que sea futuro; queremos que se convierta de nuevo en la proa del desarrollo de nuestra área metropolitana. Para lograr ese fin tiendo la mano a todos: al Gobierno de la Xunta de Galicia y al Gobierno de España; al Concello de Vigo y a la Zona Franca; a los usuarios y empresas del puerto, a sus trabajadores y a los vigueses.


 

Dña. Corina Porro Martínez

Presidenta Autoridad Portuaria de Vigo


A pesar da brillante redacción, podemos extraer tres conclusións:

  1. As decisións que toma a autoridade portuaria de Vigo, son sempre “respetuosas con el Medio Ambiente y con la gran riqueza de nuestra ría”. Ao longo de este artigo, demostraremos a falsidade destas afirmacións.

  2. A Presidenta recoñece que o porto carece do Plan de Utilización de Espazos Portuarios (PUEP, DUEP na nova lei) e do Plan Director de Infraestruturas.

  3. A Presidenta non quere esquecer a Pesca. Tamén veremos ao longo deste artigo en que consiste este interese.

2.- Obras ilegais.

A Lei 27/1992 falaba xa da obriga de ter un Plan de Utilización dos Espazos Portuarios (PUEP), para acometer calquera obra de infraestrutura portuaria. Logo desta viñeron outras leis, pero 19 anos despois aínda está todo por facer.

E dado que a LEI 48/2003, de 26 de Novembro, de Réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral modificada pola LEI 33/2010, de 5 de agosto, cuxo texto refundido poden consultar, di no seu artigo 28:


Artículo 28. Plan Director de Infraestructuras del Puerto.

La construcción de un nuevo puerto de titularidad estatal, la ampliación o realización de nuevas obras de infraestructura de uno existente que supongan una modificación significativa de sus límites físicos exteriores en el lado marítimo, requerirá la previa aprobación de un Plan Director de Infraestructuras del Puerto que contemple la nueva configuración.


Polo que a Presidenta recoñece que todas as infraestruturas efectuadas pola Autoridade Portuaria de Vigo desde 1992, son ilegais ao carecer do Plan Director de Infraestruturas do Porto.


3.- As infraestruturas.

Salvemos Monteferro ven de realizar un estudo baseado na realización dun programa informático propio que, utilizando as imaxes satelitales que proporciona Google Maps, superpón as ortofotos realizadas nun vo fotogramétrico feito a nivel estatal en cooperación entre o exército do aire de España e a Forza Aérea dos EEUU nos anos 1955-1956 (imaxes en branco e negro, claro). Estas imaxes están almacenadas no IDEG (Infraestruturas de Datos Espaciais de Galicia), organismo dependente da Xunta de Galicia, en formato WMS (Web Map Service).

Esta información forma parte do POL (Plan de Ordenación do Litoral) polo que pode analizarse toda a costa Galega. Este programa permite a navegación polo litoral ao estilo de Google Maps, permitindo activar/desactivar a capa das ortofotos, de tal forma que se pode ver a situación da costa en 1955/56 comparada co ano 2009.

Aínda que o período abarca 55 anos, case a totalidade das infraestruturas realizadas correspóndense cos últimos 40 anos.

Tamén preparamos algunhas animacións que amosamos a continuación e que demostran o escrupuloso “respecto polo medio ambiente” e “pola riqueza da nosa ría” e conforman un claro exemplo do que persisten en mal chamar “crecemento sostible”:


1.- Bouzas: Case 1.000.000 de m2 gañados ao mar, sepultando o maior banco de ameixa e vieira de toda a Ría de Vigo. Unha consecuencia evidente dos aterramentos masivos consiste na perda de bancos naturais de marisco. Abonda lembrar que na area hoxe ocupada polo recheo de Bouzas estaba localizado un dos bancos de ameixa máis produtivos da Ría. Mais os efectos do depósito de sólidos sen diques de protección acadan tamén aos bancos da contorna, como o proba o constante descenso das producións. No ano 1967 a totalidade da zona do banco de Bouzas producía unhas 940 Tm. de ameixa. No ano 1985 a produción cifrouse en 10-15 Tm. No ano 1986 foi só de 1 Tm.

Para o ano 2015, pretenden aterrar 71.500 m2 máis.




2.- Guixar: 230.000 m2 adicados ao transporte de contedores.




3.- Cangas: 112.000 m2.




4.- A marisma do Alvedosa en Redondela: 105.000 m2 urbanizados enriba da marisma.




5.- O Porto de Vigo: Bouzas (990.444 m2) Beiramar (98.121 m2), O Berbés (146.403 m2), Náutico (50.579 m2), Peirao de Transatlánticos (12.016 m2), Areal (36.317 m2), Guixar (229.744 m2). Na actualidade estase a acometer un recheo na zona do Areal - Guixar de 79.190 m2 e están previstos outros en Bouzas de 71.500 m2.




6.- E cambiando de ría, un vistazo á de Pontevedra deixa en evidencia o que se fixo con ENCE (370.000 m2) e co Porto de Marín (880.000 m2):, declarado ilegal polo Tribunal Supremo:




A lista pode ser interminable...

4.- As Ferramentas.

Podedes utilizar o noso programa a pantalla completa premendo na imaxe da dereita e clickando nesta imaxe para sair do mesmo. Clickando no check box Ortofotos 1955-1956, podedes activar ou desactivar a capa e ver as imaxes antigas e as actuáis. A navegación, o zoom, etc, é similar ao utilizado por Google Maps. A barra de desprazamento, permite darlle opacidade a capa, de tal forma que elixindo entre un 70-80% e premento na lupa, podedes ver a capa de fondo. En función da velocidade da vosa conexión, o proceso de superposición de capas pode ser lento. Paciencia.



Salvemos Monteferro, ven de realizar tamén un cálculo dos espazos gañados ao mar nestes últimos 40 anos. Clickando na imaxe da esquerda, podedes ver os polígonos marcados coa súa superficie. En vermello os recheos e en amarelo os portos deportivos. Pódese tamén navegar ao estilo Google Maps, facendo zoom, etc.

A lista completa é a seguinte:

RECHEOSPORTOS DEPORTIVOS
Baiona Peirao (1)8.737 m2Baiona P.D. (1)139.342 m2
Baiona Peirao (2)6.834 m2Baiona P.D. (2)51.769 m2
Illa de Toralla28.259 m2Bouzas P.D. (1)77.633 m2
Punta do Muíño5.649 m2Bouzas P.D. (2)22.159 m2
Bouzas865.413 m2Bouzas P.D. (3)9.447 m2
Beiramar (1)9.817 m2Bouzas P.D. (4)15.792 m2
Beiramar (2)2.151 m2Beiramar P.D. (1)10.901 m2
Beiramar (3)7.983 m2Peirao Trasatlánticos12.061 m2
Beiramar (4)21.071 m2Peirao Náutico42.316 m2
Beiramar (5)17.808 m2P. D. A Lagoa96.784 m2
Beiramar (6)17.061 m2P. D. Teis6.201 m2
Beiramar (7)4.881 m2P. D. Chapela (1)10.017 m2
Beiramar (8)17.339 m2P. D. Chapela (2)12.235 m2
Berbés (2)89.649 m2P. D. Mendiño41.985 m2
Berbés (3)9.815 m2P. D. Arcade16.512 m2
Berbés (4)8.266 m2P. D. Pereiro4.883 m2
Náutico8.262 m2P. D. Santradán24.989 m2
Areal36.317 m2P. D. Domaio22.765 m2
Guixar229.744 m2P. D. Loitamar85.102 m2
Teis (1)2.795 m2P. D. Moaña33.544 m2
Teis (2)2.430 m2P. D. Cangas (1)7.060 m2
A Guía306 m2P. D. Cangas (2)19.825 m2
Punta de Araño1.114 m2P. D. Cangas (3)17.687 m2
Baixada de Ríos2.669 m2
Teis (1)76.006 m2
Teis (2)15.993 m2
Chapela (1)8.549 m2
Chapela (2)24.469 m2
Chapela (3)24.107 m2
Chapela (4)14.790 m2
Rande (1)6.964 m2
Rande (2)3.620 m2
Mineral - Vieirasa60.330 m2
Ferymag27.540 m2
Marisma do Alvedosa105.543 m2
Mendiño7.959 m2
Arcade39.877 m2
Vilanova6.287 m2
Santradán706 m2
Fandicosta28.663 m2
Varadoiro Domaio3.911 m2
Porto de Domaio7.912 m2
Meira32.584 m2
Peirao de Meira1.028 m2
Costa do Latón23.921 m2
Porto de Meira16.354 m2
Peirao de Con18.212 m2
Punta Cortés1.503 m2
Cangas16.544 m2
Cangas Peirao (1)2.458 m2
Cangas Peirao (2)7.650 m2
Cangas Peirao (3)24.417 m2
Frigoríficos do Morrazo22.742 m2
TOTALES:2.073.532 m2783.092 m2
SUMA FINAL:2.856.624 m2

Máis de 2.850.000 m2 gañados ao mar en 40 anos. Un “crecemento sostible”, “respectando o medio ambiente” e “a gran riqueza da ría”.


A lámina de auga ocupada sobre a ría nos últimos 40 anos, é equivalente á superficie que ocuparían 285 campos de fútbol.

A este ritmo, a ría convertirase axiña nun canle portuario.

Desde esta asociación, non podemos comprender como un recheo pode ser considerado respectuoso co medio ambiente e coa riqueza da ría. Como os estudios de impacto medioambientais, cando se fan, poden ser positivos. Como soterrar seres vivos e encher de lodos os fondos das nosas rías, pode disfrazarse de respeto ao medio ambiente e de cumprimento escrupuloso da legalidade vixente. Se a lei permite isto, estamos apañados.

Tamén queremos reseñar que o Porto de Vigo, non é un porto calquera. O Porto de Vigo está ubicado dentro da ría de Vigo que tampouco é unha ría calquera, é unha ría cunhas características que a convirten nunha zona de moi alta produtividade primaria oceánica. Xenera máis de 10.000 empregos directos e uns 40.000 indirectos. Se falamos en términos económicos, é a empresa máis importante da comarca que, ademais nunca poderá ser trasladada. Cada vez que se fai un recheo, que se utiliza lámina de auga para facer un porto deportivo, que se moven lodos, que se levanta un dique e se modifica a hidrodinámica, atácase directamente a esta riqueza, a esta biodiversidade, á ría de Vigo, a nós mesmos. O porto de Vigo non pode crecer como o de Barcelona ou o de Valencia ou o de Alxeciras, porque o crecemento do Porto implica un ataque directo á ría.

Non é compatible pois, o crecemento sostible, o respecto polo medio ambiente e pola riqueza da ría, coa ocupación de 285 campos de fútbol en 40 anos. Non nos enganen, non se enganen.


5.- Certificados Medioambientais

A Autoridade Portuaria esgrime certificados medioambientais para intentar acreditar o seu “compromiso” co medio ambiente. Recentemente, o porto ven de conseguir a certificación EMAS III ( Eco-Management and Audit System , traducible como Sistema de Xestión Medioambiental sometida a Auditoría). Esta certificación é mais esixente ca ISO 14001, tamén en posesión da APV. O obxectivo desa norma é:

El objetivo de EMAS, como instrumento importante del Plan de acción sobre consumo y producción sostenibles y una política industrial sostenible, consiste en promover mejoras continuas del comportamiento medioambiental de las organizaciones mediante el establecimiento y la aplicación por su parte de sistemas de gestión medioambiental, la evaluación sistemática, objetiva y periódica del funcionamiento de tales sistemas, la difusión de información sobre comportamiento medioambiental, el diálogo abierto con el público y otras partes interesadas, y la implicación activa del personal en las organizaciones, así como una formación adecuada.

Estos obxectivos, ademais deben ser supervisados e auditados por unha empresa independente que verifique os resutados obtidos. Todo moi plausible, sen dúbida. Vexan a normativa. Pero resumímoslle o proceso para acadar esas certificacións. A empresa ou organismo que quera acadar a certificación ten que presentar unha declaración de intencións en referencia ás súas actuacións, atendendo á preservación dos valores medioambientais. Cada ano, un órgano auditor independente avaliará a consecución dos obxectivos declarados, concedendo, renovando ou revocando a certificación.

Pois ben, a declaración ambiental da APV, non fai referencia ningunha ás obras de ampliación ou remodelación do espazo portuario, isto é, recheos, portos deportivos, etc, limitándose á presentación dun proxecto de boas prácticas medioambientais no uso cotiá do porto, establecendo obxectivos concretos baseados no aforro enerxético, redución da contaminación, aforro de auga, maior uso das enerxías renovables, etc, pero sen ningún control medioambiental sobre as agresivas infraestruturas realizadas ou a realizar, que en principio deberían estar amparadas pola incumprida legalidade vixente. A este respecto cabe incluír este extracto da resposta do Adxunto Segundo do Defensor del Pueblo, D. Miguel Angel Aguilar Belda, á actual Presidenta, Corina Porro, ante unha pregunta cidadá:

Ante todo, téngase en cuenta que las presentes actuaciones tienen por objeto, en síntesis, la falta de planificación de usos en el Puerto de Vigo, es decir un asunto no menor, no incidental ni accesorio o de importancia secundaria. Por ello, cuando la Presidencia de la Autoridad Portuaria manifiesta compartir la preocupación de esta Defensoría por la inexistencia del Plan de Utilización en el Puerto de Vigo, no parece ello congruente con que, tras tomar posesión en mayo de 2009 y 'tan sólo' dos meses después, en julio siguiente, remitiera a Puertos del Estado el documento del Plan, resulta que en septiembre 2010 dice desconocer la situación en que se encuentra el trámite. Es decir que trascurrido más de un año, la preocupación expresada no ha podido reflejarse en alguna gestión de la Presidencia ante Puertos del Estado interesándose por el curso del documento.

Ahora bien, la Ley 33/2010, en vigor desde el 27 de agosto, al eliminar el PUEP y sustituirlo por la Delimitación de los Espacios y Usos Portuarios DEUP, no arregla la situación de falta de planificación de usos, que mejor es llamar ya delimitación de espacios y usos. Cabalmente pues, el Puerto de Vigo nunca tuvo planificación de usos conforme a la legislación que la exigía.

...

Finalmente, acerca de las obras a realizar en la zona de servicio del Puerto, la nueva regla que cita la Autoridad Portuaria sólo parece aplicable a nuevas obras de infraestructura portuaria o de ampliación del puerto pero no a las demás (punto 4 de la disposición final segunda, que da nueva redacción al apartado 1 del artículo 21 Ley 27 / 1992, de Puertos del Estado y de la Marina Mercante); por otro lado, y sólo en ese caso de infraestruturas o ampliación, como no hay aún DEUP ni Plan Especial entonces no parece aplicable la regla que trascribe la Autoridad Portuaria, es decir que para la ejecución de nuevas obras de infraestructura portuaria o de ampliación del Puerto no es necesario que estén previstas en la DEUP ni en el Plan Especial, pero simplemente porque éstos ni siquiera existen todavía.

Quiere con esto expresarse que el informe recibido más crea inquietud o preocupación suplementaria que transmite a esta Defensoría sensación de control y rigor, no ya solamente jurídico.

Non se deixen pois enganar por estas certificacións, que sendo moi importantes, non garantizan que ningunha obra de ampliación ou remodelación do porto, cumpla con ningunha premisa legal ou medioambiental.


6.- Como di a Presidenta: "Non esquezamos a Pesca".

Conversación mantida con vellos mariñeiros sobre os bancos desaparecidos e de maior calidade na ría de Vigo:

Cantos bancos marisqueiros desapareceron nos últimos anos?

  1. Bouzas "o maior banco marisqueiro do mundo". Ameixa Babosa branca, rubia pola parte de fora. No comezo do recheo perto da praia da igrexa había moita “margarita” (Torallesa para os de Cesantes porque tamén había moita debaixo da ponte para a parte de terra). Tamén na zona do comezo do recheo collíase moito moelo e burros.
  2. Barreras-Ardán. Dentro dos peiraos. Esta debía ser unha parte antiga do banco marisqueiro de Bouzas que ao facer o peirao quedou dentro e ata avanzados os anos 80 daba ameixa babosa branca. O Ardán era unha pedra ría adentro que ainda nos 70 tiña un sinal de ferro para que os barcos non se fodesen. Daba moita ameixa babosa branca ate que “o lodo a e merda” o taparon.
  3. Peirao de Transatlánticos. Nos anos 70 aínda se traballaba a "rubia" cando non viñan mercantes. No Areal igual, e dentro, onde atracan os barcos de pasaxe de Cangas e Moaña ( O Tubito) tamén se mariscaba as ameixas babosas brancas (con sabor a gasoil).
  4. Peirao do Areal. A Punta-A Farola e cara Vulcano. No areeiro da Punta daba moito croque (berberecho). A Farola-A Punta, zona de moitísima ameixa babosa branca. A Farola- Vulcano, por fóra, moitísima ameixa rubia.
  5. Arealonga (Chapela). Banco de ameixa babosa branca. Foi desaparecendo coas bateas aló polos anos 72-73
  6. A zona dende a base da ponte de Rande (Vilaboa) ata a depuradora (Punta Aradouro). Zona de ameixa branca ata os anos 70, logo “o can e as bateas” fodérono.
  7. A Baliela (actual Fandicosta). Pegado a terra, ameixa babosa branca. Por fóra, ameixa rubia.
  8. O Lousal (fóra do porto de Domaio). Ameixa rubia e branca. Fodérono as bateas.
  9. Cervera (e Frigoríficos do Morrazo) Cangas. Ameixa branca moi boa. Tamén o foderon os humanos.

E os bancos de maior calidade?

  1. San Martiño, (ameixa branca) Fornos (ameixa rubia). Todos eles moi destruídos polo “can” nos anos 70.
  2. Bouzas, este era o rei dos bancos marisqueiros en calidade e cantidade. Ameixa babosa branca e roxa. Ía dende onde cargan os mercantes os coches polo Este ata pasado o farol de Cabo de Mar. Se a ameixa babosa branca era especial a rubia tamén.
  3. A Farola. Ameixa babosa branca e rubia moi boa (nunca coma a de Bouzas). Moi boa ata que os desguaces nos 80 acabaron con todo. Os produtos químicos que usaban no final dos cascos foi mortal. O can tamén destruíu moito o banco.
  4. Pedra Branca do norte en San Simón. Tamén era de moi boa calidade.
  5. Río das Saíñas e a praia de Rodeira en Cangas eran tamén de moi boa calidade. Ameixa branca por terra e rubia por fóra.
  6. Cervera (hoxe Frigoríficos do Morrazo).
  7. Barra. Producía moita ameixa branca, pero a calidade era moi inferior á de Bouzas ou a de Cangas. A de Cervera era unha ameixa de gran calidade
  8. As zonas de pior calidade, as do Tubito (zonas de atraques) en Vigo, as do pozo e praia de Cesantes, as do Lousal (Domaio), o Cabalo, Vilaboa, etc..
  9. Podía seguir falando, pero como xa todo isto é historia... deixémolo así.

    O que si é certo é que os bancos marisqueiros teñen miles de anos, talvez millóns, destruír, destrúense cada ano moitos, pero nacer novos nunca vin nacer ningún.

    Outro mariñeiro engade:

    Estamos a falar dos bancos de ameixa máis produtivos, pero tamén estaban os pequenos, o aterrado do porto deportivo de Moaña, o de Cangas, o de Baiona, o da ponte de Toralla, o do Latón (Meira) e o do peirao da Mosqueira en Moaña, que afetou ao banco de Tirán que nun 90% deixou de producir...

Se non existise o recheo de Bouzas e falando só de ameixa, xeraría na actualidade 7.625.000 euros ao ano en lonxa, (primeira venda).


7.- Conclusión.

O medioambiente é algo moi delicado: un sistema moi complexo e sinérxico que hai que analizar coidadosamente antes de actuar modificándoo de forma irreversible, escapando ao noso control. Pero non queremos dicir que a contorna sexa intocable e refusar intervir sobre ela.

Cabe o erro nunha decisión, pero non o erro continuado nin o aleivoso disfraz medioambiental. As decisións hanse tomar sobre unha base de sensatez, nunca de forma partidaria, lucrativa ou estúpida.

Lamentablemente, a estupidez e a avaricia galopa sobre o planeta. Sempre haberá quen asine un papel só para satisfacer a súa vaidade ou o seu peto. Cretinos que non se queren decatar de nada pero que se consideran capacitados para farfallar de todo...

Coidado con eles!!!


Acude á:





Comentarios actuais

7 comentarios até agora (pon o teu)

Lembro ter pasado moitas horas na miña infancia pescando nas rochas da praia de Coruxo, perto de Vigo. Algún congro, nécoras, camaróns, fodóns (esas pequenas fanecas que fritidas son deliciosas) e tantas cousas máis. As rochas cubertas de balanos, anémonas, ourizos e algas calcáreas e gran variedade das outras, de xeito que en uns poucos metros cadrados podíase facer case que un herbario das algas da Galiza. Pasei polo mesmo lugar fai poucos anos. As rochas seguen alí, mais hai algo nelas que lembra o ambiente das películas de ficción científica, esas de mutantes. Hai menos vida e as especies non son as mesmas, faltan moitas. Abundaba unha que antes nunca vira nese lugar, e dun tamaño que nunca vira en lugar ningún. Eran "conas de vella" ou "lebres de mar"dun tamaño monstruoso (Aplysia fasciata). Nunca quixen volver por alí.

Autor: Carrasqueira o Domingo, 6.02.11 @ 10:36am | #103

Es un trabajo impresionante y hecho con una exactitud y precisión increible.
Hay que felicitaros, pocos artículos son capaces de realizar un análisis tan exhaustivo, que no deja lugar a ningún equívoco.
Es triste ver el resultado, pero nos pone los pies en la tierra y califica a cada uno sin insultos ni improperios.
Felicidades de nuevo. Leeros es un placer.

Autor: Jacobo Castores o Venres, 11.02.11 @ 22:24pm | #104

¡¡¡ Menudo traballón !!!

Parabéns, parabéns e parabéns. Qué difícil debe ser facer todo iso, cantas imaxes a ver, a medir, cantas horas, pero o resultado está ahí e é espectacular.
Coincido plenamente nas conclusións e mientras non botemos con "b" a toda esta camarilla pouco temos que facer. Estos traballos poñen ven as claras o camino a seguir.

Grazas.

Autor: Estanislao Carracido o Luns, 14.02.11 @ 21:24pm | #105

Pues si que es alucinante si.
Se ve que hay mucho trabajo setras y esta bien expuesto y contrastado.

Autor: Pepe Lotas o Martes, 15.02.11 @ 20:31pm | #106

Ignórase a lexislación.
Ignóranse os estudos de impacto ambiental ou son feitos a medida.
Ignórase a pesca.
Ignórase a biodiversidade da ría.
Ignóranse os efectos na hidrodinámica.
Ignórase a contaminación galopante.
Ignóranse aos mariñeiros de baixura.
Ignóranse as mariscadoras de a pe.

Son unha panda de esforzados IGNORANTES.

Coidado con eles !!!

Autor: Susana García Lombardo o Venres, 18.02.11 @ 16:04pm | #107

¿A donde nos lleva esto? ¿no está claro?

Estamos ciegos o que

Autor: José Candela Pérez o Venres, 25.02.11 @ 21:47pm | #108

Pero quén é logo o Defebsor del Pueblo Español?
Para qué vale esa figura? Para mandar cartas?

Corina estará acojonana non?

Verguenza.

Autor: Arturo Lamas Collazo o Xoves, 3.03.11 @ 11:59am | #109

Deixe o seu comentario:

Autor:

E-Mail:

URL:

Comentario:


 


Teclee estes caracteres:

 

Nota: As contas de Email non serán visibles e usaranse só para validar o seu comentario. Manteña as formas. Calqueira comentario insultante, inapropiado ou ofensivo será eliminado.

Non se permite código HTML. Os saltos de liña serán convertidos automaticamente. Por favor, utilice BBCode para formatear o seu texto.