Paisaxe protexida ou paisaxe agredida? O bosque de Monteferro, ![]() Salvemos Monteferro presenta denuncia ante novas cortas masivas e ilegais de arborado: A Xunta e o Concello paralizan os traballos Pero tardaron 36 días en facelo: 36 días nos que as cortas seguiron a un ritmo trepidante, Con ou sen paisaxes protexidas, todo vale para cortar árbores no monte: a ilegalidade, a legalidade de manga ancha e mesmo tamén as leis mal aplicadas. Pero o resultado é sempre o mesmo: a deforestación. Asistimos estes días a un novo episodio da morte profetizada: cortas a mata rasa en dúas enormes franxas e unha chea de camiños forestais convertidos en auténticas autoestradas, vulnerando totalmente (e unha vez máis) a protección que dictan para Monteferro as Normas Subsidiarias de Nigrán. Durante demasiados días tivemos que ver o fúnebre desfile de grandes camións levándose os troncos dos mellores pinos dun monte esnaquizado... E isto seguía sucedendo cinco semanas despois de que SALVEMOS MONTEFERRO presentara a correspondente denuncia. Ante a nosa insistencia, o xoves día 11 desde o concello informáronnos de que Medio Rural paralizara as cortas... Pero o 15, luns, tivemos que volver a denunciar que as motoserras seguían bruando. E o 16 tamén. Até o día 17 non volveu o silenzo ao monte. É un capítulo máis no triste camiño que leva á consumación daquela macabra profecía emitida hai xa tres anos. 1. A PROFECÍA
Así dicía daquela o profeta… e así se está cumprindo. 2. AS DENUNCIAS Pero SALVEMOS MONTEFERRO non acredita en profetas nin en profecías. Por iso temos presentado numerosas denuncias sobre este asunto (antigas e recentes) ante o Concello de Nigrán e a Delegación de Medio Rural. Entre elas hai unha (presentada á vez nas dúas institucións) que prevía e avisaba do que viña. Unha denuncia preventiva e antiprofética. Ten data do ano pasado e empezaba dicindo así:
Máis próxima no tempo é esta outra, presentada no Concello de Nigrán con rexistro de entrada nº 1992/2008. Con ela conseguimos parar o primeiro ataque:
3. OS FEITOS Agora, na última abordaxe destas accións piratas, pretenderon disfrazar con traxe de Lei unha nova ilegalidade. Para o disfrace utilizaron a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
As ”actuacións” nos camiños e pistas forestais ![]() Pediron permiso, e tamén subvención, para tratar as pistas forestais conforme ao que estipula o Artigo 21, apartado 1, letra d da dita normativa, que di así: “No caso de vías e camiños forestais, a xestión da biomasa vexetal farase, no estrato arbustivo e subarbustivo, nos dous metros desde a aresta exterior da vía ou camiño". (Subliñamos: Só estrato arbustivo e subarbustivo --arbustos e mato, en ningún caso árbores-- e nos dous metros da aresta da vía). E sen máis, comezaron a arrasar todo o arborado que estaba a tres, catro e até a seis metros dos camiños. Bó negocio: madeira para vender e subvención para cobrar por riba... ![]() Nesa denuncia explicabamos claramente a ilegalidade destas accións, que vulneran o disposto para Monteferro nas Normas Subsidiarias. Concretamente este punto: “El arreglo de los caminos o senderos peatonales, la delimitación de miradores, etc, se hará de la forma más escueta posible.” Ler a denuncia ![]() Nas fotos algunha das pistas “tratadas” A forma máis “escueta posible” sería, sen dúbida, ter feito o que a norma impón: roza de arbustos e mato sen cortar árbore ningunha. Por iso é evidente que se conculcou gravemente a lei. Pinchando no plano da esquerda pódese ver a rede de pistas e camiños do monte. Se todos padecesen as devastadoras actuacións que xa sufriron moitos deles, quedarían só pequenas illas de arborado como lembranza do que hai soamente catro anos era un tépedo bosque. As cortas a mata rasa As cortas a mata rasa (cortar todo o arborado dunha zona sen deixar un exemplar en pé) son unha das máis apetecidas delicias para o padal destes cociñeiros. Téñenas preparado de mil maneiras, todas suculentas para eles. Nesta última merenda non podía faltar tan exquisita especialidade que, lembrámolo unha vez máis, en Monteferro está explicitamente prohibida polas Normas Subsidiarias. ![]() A tala perimetral da linde nordeste do monte comunal (arredor de 5 Ha, a mata rasa e polo tanto ilegal) non está de ningún modo xustificada pola citada Lei 3/2007. Nesa franxa (sinalada en vermello no plano) non hai vivenda próxima ningunha, polo que esa lei non é de ningún modo aplicable a esta zona xa agora arrasada. Consideramos correcta a corta realizada no perímetro sureste (sinalada en verde), pois aí si hai vivendas a protexer segundo esa lei. As zonas sinaladas en azul corresponden a novas devasas (corta lumes) que implican tamén cortas a mata rasa. É evidente que despois de todas estas actuacións non haberá outro monte no mundo tan protexido dos incendios como Monteferro. Se ao final queda algo que poida arder, claro. 4. AS NOSAS CONCLUSIÓNS Os feitos ocorridos nestas últimas semanas en Monteferro son dunha gravidade só comparable a aqueles outros de hai xa tres anos, que significaron o nacemento deste colectivo que leva o seu nome. Nestes últimos días presentamos novas denuncias ante varias institucións. E tamén no SEPRONA, incidindo especialmente aquí neses 36 días transcorridos desde a presentación da nosa denuncia até que Xunta e Concello decidiron deter o desastre. Cinco semanas de árbores cortadas para ó final darnos a razón. ![]() A corta ilegal de centos, quizais milleiros de árbores nun espazo protexido, sen o debido control de quen ten que exercelo e sen os necesarios permisos de quen debe solicitalos, constitúe, sen dúbida, un delicto contra o medio ambiente. Chove sobre mollado e compre, dunha vez, que se depuren as responsabilidades. Como dicimos na citada denuncia ante a Garda Civil: “Que se abra unha investigación para determinar en quen reside a responsabilidade de todas estas actuacións, tanto a que corresponda á Comunidade de Montes, autora material das cortas, como a dos que as autorizaron, se fora o caso, ou a dos que non as impediron tendo a obriga de facelo”. Ese é o camiño no que agora andamos, 5. A PAISAXE PROTEXIDA Indo como van as cousas e sabendo da lentitude da Administración (e da gran rapidez doutros elementos), abrimos este apartado para participar na elección do tipo de “paisaxe protexida” que teremos en Monteferro cando rematen os trámites para a entrada en vigor desa figura de protección. Velaí dous modelos a escoller: Opción 1: Praia ![]() Opción 2: Montaña ![]() ![]() |
Comentarios actuais
comentarios até agora (pon o teu)