![]() |
PORTO DO MOLLE: O DESBORDAMENTO DO RÍO MUÍÑOS A principal preocupación das asociacións veciñais ante as obras de construción do polígono empresarial do Porto do Molle foi, e segue sendo, o perigo de inundacións que tal actuación representa para o noso Concello. A primeira riada acaba de producirse:![]() A decisión do Alcalde de aprobar por decreto o Proxecto de Urbanización sen as garantías que pedía o movemento veciñal inundou de decepción e desencanto a todas e todos os que acudimos ás múltiples xuntanzas co Alcalde e outros representantes do Concello. Horas de traballo estéril, asolagadas agora por decreto. Unha riada seca que se leva por diante toda a fe e moitas esperanzas. NOTA DE PRENSA DESALVEMOS MONTEFERRO: ![]() NOTICIAS PARA NIGRÁN Parecen confirmarse os peores agoiros sobre a evolución das obras do polígono empresarial do Porto do Molle. O señor alcalde de Nigrán, Efrén Juanes, ven de asinar o Decreto que autoriza as obras de urbanización deste polígono, e faino sen que o Concello conte coas garantías suficientes de Zona Franca para que non signifique un incremento de problemas para o pobo de Nigrán.
Problemas Tan graves como o máis que probable perigo de inundacións que afectarán aos terreos lindeiros co polígono e aos da parte baixa do río. O brutal incremento de vehículos que van circular polos viais do Val Miñor: 1.000 camións diarios e 4.000 vehículos, segundo estimacións da propia Zona Franca, que se veñen sumar a unha densidade de tráfico en aumento constante e imparable. O aumento no volume de auga necesario para abastecer a un concello en crecemento e a todo un polígono como este. As afectacións urbanísticas derivadas do desvío do río Nespereira, afluente do Muíños, convertido en canle artificial para que o polígono non perdese metros cadrados de superficie útil, así como a propia construción desta canle, con toda a protección para o polígono e moi escasa para o lado dos terreos propiedade dos veciños.
![]() ![]() En Salvemos Monteferro, e moitas outras persoas e colectivos, pensamos que nunca se debeu consentir situar un polígono de 1 millón de metros cadrados no Porto do Molle. Unha parte desa zona era ideal para o desenvolvemento urbano da vila, podéndose conservar a outra como humidal e zona de especial interese natural. Facer o que se fixo constitúe unha tremenda irresponsabilidade e unha acción directamente dirixida contra os intereses da xente de Nigrán. Oxalá moitos dos empregos que alí se xeren sexan ocupados por veciños e veciñas deste concello ou de concellos próximos! Agora Pero xa que o Parque Empresarial foi aprobado por unha corporación anterior, e xa que se puxo en mans dunha entidade tan pouco respectuosa como Zona Franca, cando menos agora, que contamos cun novo equipo de goberno elixido despois dun período de forte presión veciñal e que naceu como unha gran esperanza para todos, cando menos agora o que correspondía era defender os nosos intereses con toda firmeza. Non foi así e velaí que acaba de consumarse un acto de gran transcendencia que, moito nos tememos, vai traer serias e graves consecuencias para a vida de Nigrán. Ademais, tal actuación (agravada polo feito de que o Decreto foi asinado antes de ter contestado ás alegacións presentadas ó proxecto) significa un moi mal precedente para a elaboración do Plan Xeral de Urbanización Municipal. A ninguén se lle oculta que a actuación urbanística en Porto do Molle vai exercer unha influencia irremediable sobre o novo PXOM. E o xeito de producirse as cousas parece pouco esperanzador para esa política de participación popular prometida polo señor alcalde na súa campaña electoral e cada vez que ten oportunidade de difundila, porque hai que escoitar, pero tamén hai que asumir a razón popular, por moito que quen mande en Zona Franca sexa unha autoridade posta aí polo mesmo partido ao que pertence o señor alcalde. Nigrán, 29 de novembro de 2007. Ata aquí a nota remitida por este colectivo ós Pero, xa que temos espacio, non está de máis ![]() Sen repetir o que xa temos dito nos últimos meses, (e podedes atopar en O nacemento dun deserto ou en Aires novos) coa maior brevidade, imos resumir: OS PROBLEMAS
Isto último xa non ten remedio. O NEGOCIO
O único beneficio para este val serían os postos de traballo, pero iso aínda está por ver. Moitas das empresas que se instalarán aquí virán trasladadas de lugares próximos co seu persoal xa completo. A LEI
Considera a nosa lexislación estas actuacións como áreas de reparto, nas que o actuante debe responsabilizarse non só dos beneficios, senón tamén dos cargos. E por suposto non pode causar danos a terceiros. As infraestructuras de subministro de auga e de electricidade, a previsión de inundacións derivadas da súa actuación, as afectacións de terreos pola modificación dun curso fluvial e tantas outras, deben, por lei, ser asumidas e costeadas por Zona Franca. AS REUNIÓNS
Tan reveladores resultaron eses informes que o propio concello decidiu contratar a eses mesmos técnicos para asesorarse e negociar con Zona Franca. Curiosamente a estas xuntanzas cos representantes veciñais non asistiu nunca o concelleiro de urbanismo, o máis indicado, e tampouco ningún representante do BNG, grupo político que comparte co PSOE as responsabilidades do goberno. O CONVENIO
En realidade non é así. Na súa redacción todo é hipotético: Se se demostrara que o subministro de auga era insuficiente (antes de que ZF vendera o 90% das parcelas) ésta tería que cofinanciar as obras necesarias. Se se produciran inundacións (¡hai que agardar a que se produzan!) ZF tería que abordar as obras pertinentes. Se as escolleiras do río se amosaran insuficientes ZF tería que completalas, e así sucesivamente. Nin unha palabra dedicada ós problemas de tráfico: 5.000 vehículos diarios segundo as previsións da propia ZF. Con total unanimidade, as asociacións veciñais amosáronse en contra deste O ACTO REGLADO
O sentir xeral é que para esta viaxe non precisabamos perder tanto tempo en reunións e traballos. Nin gastar os cartos das asociacións en contratar técnicos cando nin tan sequera se respondeu ás alegacións presentadas. Se este é o concepto que se ten da cacarexada participación cidadá imos dados. OS TÉCNICOS
Sorprende que o mesmo concello que 20 días antes tivera que botar man dos profesionais contratados polos veciños para tratar con ZF considere agora suficientes os informes dos técnicos da casa. Moito deberon de aprender en tan pouco tempo. A CONEXIÓN COA AUTOESTRADA
O PROGRAMA ELECTORAL DO PSOE 2007
Desde esta declaración só pasaron 7 meses. |