http://www.salvemosmonteferro.org
   
Salvemos Monteferro, foi citado en Telecinco o 26/04/06 nun sketch de Cámara Café sobre extraterrestres II Concierto Solidario do 5 de Maio na La Iguana Club Faite Socio Galería de Fotos




Monteferro, 9 de marzo de 2007:



O nacemento dun deserto:

Adeus ó Porto do Molle


A paisaxe rota. Natureza morta, cun Monteferro triste alá no fondo

Adeus ós humidais do Río Muíños

Unha vez máis temos que dar conta aquí da terrible destrucción dun espazo natural do noso Val Miñor. Trátase da construcción dun polígono industrial promovido pola Zona Franca de Vigo e o Concello de Nigrán que afecta ás parroquias de Parada, Nigrán, Camos, e San Pedro.

Ocupa máis de un millón de metros cadrados de gran valor ecolóxico na beira do río Muíños e está destruíndo, xa destruíu, a última zona húmida e sub húmida do noso concello (así como a boscosa asociada a ela), que eran hábitat –ata agora-- de numerosas especies de aves acuáticas.



Esta zona debido ás súas características físicas, chá e cruzada por múltiples regatos afluentes do río Muíños, era inundábel e asolagábase periodicamente coas chuvias, actuando como reguladora do caudal do río.

A súa destrucción pode carrear graves consecuencias, en forma de inundacións, para áreas urbanizadas limítrofes e outras río abaixo, desde a rotonda da autopista ata praia América.