http://www.salvemosmonteferro.org    
Salvemos Monteferro, foi citado en Telecinco o 26/04/06 nun sketch de Cámara Café sobre extraterrestres II Concierto Solidario do 5 de Maio na La Iguana Club Faite Socio Galería de Fotos



LUNS 29 DE MAIO:


MONTEFERRO NO PLAN XERAL


Hai xa tres meses, o 27 de febreiro, a propósito do previsto no Plan Xeral Secreto de Nigrán e ante certas filtracións desafortunadas, titulabamos así:

Monteferro NON queda intacto

A zona sinalada en amarelo, que corresponde na súa maior parte á finca do Rapón, queren recualificala como "Solo rústico de interese forestal" perdendo a protección de espacios naturais.


Hoxe 29 de maio podemos corroboralo.

Como lembraredes fixemos daquela unha campaña de envío de cartas á Consellería de Política Territorial, solicitando informasen negativamente esta recualificación. Enviáronse cerca de 500 cartas.

Pois ben, o informe da Xunta di textualmente:

“Non se xustifica que esta franxa de terreos teñan unha menor protección que a de espazo natural que lle corresponde ter á zona”

Non é o único tirón de orellas que a Consellería dá ó chamado “Plan Especial de Protección e Acondicionamento de Monteferro”, que máis abaixo reproducimos.

A visión do monte que presenta este Plan é a de un espacio para visitar en coche, cheo de aparcamentos e camiños asfaltados por todas partes.

Fálase de instalacións e dotacións de servizos, da volumetría máxima (aínda por precisar) destas edificacións, dun peirao no faro, de “Rede viaria xeral” do monte...

Neste sentido de “asfalto a toda costa” destaca a cualificación do camiño forestal de baixada pola cara sur como vial de tipo IV, é dicir de 12 metros de ancho.

O informe da Xunta considera que este Plan “esboza unhas actuacións que poden vulnerar o réxime de solo rústico de protección de espazos naturais” Pensamos que non tiveron que esforzarse moito para chegar a esta conclusión.




A continuación reproducimos o texto íntegro deste invento. O subliñado en negriña (onde hai tomate) é noso, e nosos son tamén os comentarios que podedes ler situando o rato nos sitios sinalados en azul.





Plan Xeral

Art. 75. PE-2. Plan Especial de Protección e Acondicionamento de Monteferro.

  1. No ámbito definido en planos de ordenación coa clasificación de solo rústico de protección de espazos naturais e forestais formarase un Plan Especial cos seguintes obxectivos:
    • Protexer a paisaxe natural forestal da península de Monteferro como parque natural de uso público, acondicionado axeitadamente para este cometido.

    • Dictar as normas para a protección do patrimonio arqueolóxico, propiciando a súa incorporación ao disfrute do espazo natural mediante a definición de accesos públicos.

    • Prever os accesos rodados e peonís axeitados con definición adxunta de áreas de aparcadoiro para facilitar o uso público do parque e as conexións ao monumento da Mariña Universal, Faro de Meda e previsibles áreas habilitadas para miradoiros e áreas de descanso e lecer.

    • Establecer unha zonificación en función da orientación, visuais, vexetación e pendentes, definida para cinco zonas básicas:

            zona de entrada, recepción e servizo;

            zona de miradoiros;

            áreas de lecer e aparcadoiro;

            zona marítima do faro;

            zona de vexetación natural.

    • Fixar criterios unitarios e homoxéneos para as instalacións previstas no relativo a volumetria máxima, axuste ao terreo, respecto á vexetación. materiais. etc.


    • Establecemento das normas básicas de urbanización e acondicionamento acordes co carácter de espazo natural do ámbito.


  2. O Plan Especial, como mínimo, definirá os seguintes elementos:


    • Acondicionamento e acceso mediante paseo litoral ás áreas de rochedo, praias (Portocelo, Rochas Brancas, etc.) mediante paseo litoral marítimo.


    • Peirao en Faro de Meda.


    • Rede viaria xeral de acceso a zonas especializadas con provisión de áreas de aparcamento.


    • Áreas e instalacións para dotación e servizos, incluída a plantación e axardinamento das áreas de lecer, miradoiros e aparcadoiros.


    • Adecuación paisaxística das áreas naturais, incluída a reforestación con especies autóctonas axeitadas ao contorno natural.


    • Tratamento do patrimonio arqueolóxico, mediante a súa investigación, recuperación e incorporación aos itinerarios no parque.


  3. Na área cualificada como de protección forestal, toléranse os usos establecidos no artigo 33 da LOUG, apartado 2 letras e), g) e j), coas condicións de edificación establecidas no artigo 42 da LOUG, agás no que se refire á altura máxima que será dunha planta equivalente a 3,5 metros e á ocupación pola edificación que non poderá exceder o 10%.


 

(Anotamos aquí os apartados da LOUG citados neste último parágrafo:

33.2.e) Construccións e rehabilitacións destinadas ó turismo rural e que sexan potenciadoras do medio onde se localicen.

33.2.g) Construccións e instalacións para equipamentos e dotacións que deban localizarse necesariamente no medio rural, como son: cemiterios, as escolas agrarias, os centros de investigación e educación ambiental, e os campamentos de turismo.

33.2.j) Actividades de carácter deportivo, cultural e recreativo que se desenvolvan ao aire libre, coas obras e instalacións mínimas e imprescindibles para o uso de que se trate.)


Ata aquí o Plan Especial para Monteferro previsto no Plan Xeral. O final do Monteferro que queremos. Comparalo coas normas actualmente en vigor, da pánico. A perda de protección é enorme. Por si queredes comparar e sentir o pánico, aquí están:





“Normas Subsidiarias de Ordenación Urbana do Concello de Nigrán”:

ORDENANZA 17. De sitios costeros sobresalientes de singular interés forestal y paisajístico.

  1. Esta ordenanza tiene por objeto la preservación de las condiciones naturales de una zona de la costa del Municipio que forma parte fundamental de un ámbito de paisaje que se ha caracterizado en el transcurso del tiempo por su preminencia en el conjunto de la ría, con un nivel de forestación muy singular que le convierte en un referente paisajístico y ambiental. Su ámbito de aplicación viene establecido en los planos correspondientes de ordenación y comprende Monteferro y los islotes y rocas costeras adyacentes.


    (.......)


  1. Expresamente se prohibirán:

    • Todo tipo de movimiento de tierras, excavación o rellenos que aparte de la modificación topográfica implican la destrucción de la flora existente.

    • La explotación de canteras, extracción y/o acarreos.

    • Cualquier tipo de vertido de residuos (sólidos o líquidos).

    • El vallado o cierre de fincas con materiales o de dimensiones distintas a las radicionales ya existentes. En cualquier caso en los nuevos cierres sólo se pondrán utilizar materiales leñosos, pétreos o setos vivos no pudiendo superar la parte opaca los 0,50 m.

    • Cualquier tipo de construcción, con la excepción de las asignadas a la defensa nacional ya existentes o futuras claramente asignables a este destino y las vinculadas a los usos tolerados antes mencionados.

    • La colocación de carteles o anuncios propagandísticos.

    • El asfaltado de nuevos caminos. La conservación y mejora de los existentes se hará exclusivamente con materiales pétreos en seco. Igualmente se tratarán las áreas de aparcamiento mínimas y acotadas con el fin de evitar la invasión de automóviles de las zonas naturalmente accesibles.

    • La tala de arbolado que no se produzca por entresaca.


  2. El arreglo de los caminos o senderos peatonales, la delimitación de miradores, etc, se hará de la forma más escueta posible.



Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
(Número: 271, do 23 de Novembro de 1.991, páxina 40)