Concello de Nigrán, Xunta de Galicia: Retirada do trazado do vial de alta capacidade polo medio de Nigrán O concello Nigrán, un municipio costeiro ao sur de Pontevedra que sufre desde fai décadas os problemas da corrupción urbanística e a presión especulativa do solo, atópase na fase de aprobación inicial do seu documento de ordenación urbanístico que decidirá o futuro do municipio durante os vindeiros 20 anos. Durante a fase previa á redacción dese documento, distintos colectivos veciñais e sociais do municipio participaron en grupos de traballo para achegar ideas sobre o modelo urbanístico que querían para o seu municipio. Durante dito traballo do consello sectorial, a Xunta de Galicia promoveu un plan sectorial denominado "Vigo Íntegra" no que se incluía o trazado dun vial de alta capacidade polo medio e medio de Nigrán. Un vial pechado que se levaba por diante a medio centenar de casas sen facer achega dun só dato técnico que xustificase a necesidade de dito trazado, agás o gasto en investimento público necesario para a realización do mesmo. Este trazado foi rexeitado non só polas entidades veciñais senon por toda a corporación municipal en pleno. Os partidos gobernantes PSOE e BNG así como os partidos na oposición: PP, UCN. O propio Partido Popular representado polo que agora é alcalde de Nigrán, presentou alegacións contra este vial argumentando que:
Premer para consultar o documento orixinal. O traballo do Consello Sectorial culminou nun documento que foi aprobado nun pleno municipal o día 29 de xullo de 2010 asinado por unanimidade. A inutilidade de este vial queda patente si visualizamos o mapa das estradas e autopistas que existen na actualidade. En bermello o novo vial proxectado. Outra máis para que? 3 anos despois, lonxe de cumprir os acordos alcanzados nese pleno e trasladar o sentir da cidadanía sobre o modelo urbanístico que querían para o seu municipio, o novo goberno de Nigrán, presidido polo alcalde Alberto Valverde (PP), modificou por decisión propia todo o traballo avanzado e rompeu mesmo os acordos e compromisos asinados por el mesmo, no pleno de 2010. Nun deses puntos, a Xunta de Galicia instaba ao concello a que fixese o trazado dunha vía de altas prestacións (ou vía de alta capacidade) polo medio e medio do municipio. Dito trazado foi rexeitado polos cidadáns e mesmo polo alcalde de Nigrán, cando estaba na oposición. Os veciños solicitaron que calquera novo trazado viario debería estar debidamente xustificado e estudado a través da creación dun informe técnico de mobilidade que estudase pormenorizadamente as necesidades do concello coa fin de atopar solucións concretas cos medios dispoñibles de transporte públicos, carreteras provinciais e autonómicas así como a autoestrada que nestes momentos está infrautilizada e a punto de ser rescatada con cartos públicos. O concello de Nigrán e a Xunta de Galicia, non só rexeitan facer este estudo, senon que siguen empeñados en trasladar aos cidadáns a idea da necesidade desta infrestrutura sen achegar até hoxe un só dato que xustifique a súa necesidade e cun trazado que nin sequera ten continuidade co municipio de Vigo, rematando nun calello no medio do monte de Saiáns. O plan xeral de Vigo non contempla a realización da Ronda, que sería a continuación e a confirmación da desfeita dos montes de Saiáns e Coruxo, outras xoias do patrimonio natural da comarca. O vial discurre polo medio e medio do concello, partíndoo en dous; e levándose por diante zonas de alto valor paisaxístico e forestal, así como zonas con importantes xacementos prehistóricos con petróglifos e aterramentos funerarios paleolíticos (mámoas). Vídeo petroglifos "O Currelo" Priege que quedan en la zona de afección. Ademais deste dano patrimonial, o vial provoca un dano económico a centos de familias que serán expulsadas das súas casas, que serán derrubadas e expropiadas para o trazado de dita infraestrutura, deixándoas nunha situación de total indefensión e xerando un grave problema social e económico nun momento de crise como o actual. O máis grave é que todo este dano ecolóxico, patrimonial, económico e social pódese evitar. Pero só eé posible se existe unha vontade política. Por ese motivo, pedimos ao concello de Nigrán e á Xunta de Galicia, a retirada do trazado deste vial de alta capacidade e o estudo de alternativas de transporte e mobilidade para o municipio enfocadas á mellora do transporte público e o aproveitamento das infraestruturas existentes. Por outra banda esiximos o obrigado cumprimiento dos acordos alcanzados no pleno extraordinario do 29 de xullo de 2010. Si estás de acordo, firma esta petición en change.org. |
Comentarios actuais
0 comentarios até agora (pon o teu)