O vindeiro 7 de maio será en Vigo a vista do xuizo da empresa mineira Cementos Cosmos (da multinacional Votorantim) contra o noso compañeiro Marcos Celeiro, un veciño de Triacastela que vive na área de concesión mineira de esta empresa cementeira multinacional afectando a súa vida, ambiente e a veciñanza.
Polos moitos danos que supón ao património natural e cultural da área, a veciñanza oponse á actividade mineira, que ven chea de irregularidades desde o seu comezo xa hai varias décadas.
A pesar das barbaridades ambientais, patrimoniais, ilegalidades e todo tipo de irregularidades, ninguén de Cementos Cosmos ou das diferentes administracións foron xuzgados en relación o longo conflito da sua mina a ceo aberto en Triacastela. Solo os veciños que plantan cara a esta empresa son os que vanse sentar no banco dos reos. Neste caso Marcos Celeiro, a quen acusan de "provocar altas perdas económicas à empresa", e por iso lle piden 45.000€ para resarcilas.
A maioria da xente sabe que a demanda contra Marcos Celeiro é unha trapallada, unha tentativa de utilización do sistema xurídico contra a oposición veciñal, e unha grande farsa.
Cosmos demanda a Marcos por:
- 1. Exprimir opinións persoais no seu Facebook.
- 2. Publicar ligazóns a notícias sobre eles no Twitter.
- 3. Subir ao seu canal do Youtube un vídeo onde aparece traballando a empresa cando está sen licenza e con orden de paralización.
- 4. Unha suposta «denuncia falsa», na que pedia que se investigasen uns feitos, e tanto Garda Civil como Procuradoria consideraban que habia indicios de delito e levaron o asunto á xustiza.
A demanda trata, pois, de desprestixiar a persoa de Marcos Celeiro como autor de «denuncias falsas», como un intento de interferir en varios procesos xudiciais contra Cosmos por diferentes irregularidades cometidas pola empresa, silencialo e conseguir a non admisión do seu testemuño en outros procesos contra a empresa.
Os avogados da empresa mineira están a crear unha demanda da nada. O que procuran é intimidar e desmobilizar á oposición veciñal no conflito con Cosmos e crear un precedente exemplarizante.
Procuran tamén causar a Marcos o máximo dano psicolóxico, para que desarmado anímicamente non loite contra eles.
Por estes motivos, solidarizámonos con Marcos Celeiro e esiximos a Cementos Cosmos que cancele imediatamente o proceso en contra dele, e às autoridades que se ocupen en investigar as constantes irregularidades cometidas pola mencionada empresa e actuen de acordo às leis.
Nin nos van calar, nin nos van parar !!!
Non á minaria, Si á vida !!!
Nota:
Se queres contribuir para as despesas da defesa xurídica do proceso:
Nº de Conta de Marcos Celeiro: ES93 2080 0146 7330 0002 4181
Comentarios actuais
0 comentarios até agora (pon o teu)