http://www.salvemosmonteferro.org
Monteferro, 08 de Xuño de 2012:



A FOZ DO MIÑOR:
Un paraíso... da contaminación.





Ante os alarmantes niveis de contaminación microbiolóxica reflectidos nas analíticas realizadas polo INTECMAR na Foz do Miñor nos últimos anos, Salvemos Monteferro ven de interpoñer unha denuncia no comité de peticións do parlamento europeo que foi admitida a trámite, polo que a devandita comisión decidiu solicitar á Unión Europea que se abra unha investigación para dilucidar os distintos aspectos do problema.




Introdución


A área intermareal da Ramallosa, a Foz do Miñor, sitúase na entrada sur da ría de Vigo, onde desembocan os ríos Miñor, Groba e Belesar ao fondo da enseada de Baiona. Pertence administrativamente aos concellos de Baiona e Nigrán, e ata a ponte romana, ocupa unha extensión de 91,85 ha. Forma un estuario ou marisma, protexida pola barra de area da praia da Ladeira.




A FOZ DO MIÑOR e o Plan Xeral de Explotación Marisqueira



Mariscando na Foz.

A Foz do Miñor está baixo a tutela do Plan Xeral de Explotación Marisqueira (de carácter anual e publicado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura).

A Foz do Miñor xeraba recursos económicos básicos. No ano 1999 recolléronse 2.562 Kg de Ameixa fina (Venerupis decussatus), 1.662 Kg. de Croques (Cerastoderma edule) e 7.648 kg. de Cadelucha (Donax sp.). No ano 2000, 4.387 kg de Ameixa fina, 1.325 kg de Croques e 5.497 kg de Cadelucha.

Lamentablemente desde o ano 2000 foi clasificada como ZONA C, o que impide o consumo de moluscos en fresco e desde o ano 2010 permance PECHADA ao marisqueo, polo que se prohibe a extracción de moluscos.




A FOZ DO MIÑOR e o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa

Por outra banda, o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa, aprobado no Real Decreto 103/2003 de 24 de Xaneiro, define a Foz do Miñor como "Espazo Natural" e como tal ordena:

"As áreas de especial proteción serán obxecto de adopción de medidas de prevención, regulación de actividades e saneamento que garantice a conservación do recurso, a súa calidade e a máxima riqueza ecolóxica e paisaxística no seu entorno."


O mapa mostra claramente a Foz do Miñor recoñecida como "Espazo Natural".





A FOZ DO MIÑOR e a Lei de Caza de Galicia



A Foz do Miñor: Refuxio de fauna.

A Lei de Caza de Galicia no seu artigo 9 Clasificación dos terreos para efectos cinexéticos di no seu punto terceiro:

Os terreos de réxime cinexético común deberán ter como mínimo unha superficie continua de cincocentas hectáreas para poder practicarse neles a caza. De non conseguir a devandita superficie, o exercicio da caza estará prohibido e terá a consideración de refuxio de fauna.

A Foz do Miñor é pois un Refuxio de fauna e como tal tamén está amparada pola Lei de Caza de Galicia, que no seu Título IX, Das infracións e sancións, Artigo 59, Das infracións moi graves prohibe:

1.- Cazar en refuxios de fauna ou reservas de caza ou naquelas zonas dos espazos naturais protexidos onde o exercicio da caza estivese expresamente prohibido sen estar en posesión dunha autorización especial, aínda que non se cobre ningunha peza.

6.- Envelenar terreos cando poida ocasionarlle danos ás persoas, animais domésticos ou á fauna silvestre.

10.- Destruír os lugares de aniñamento ou as áreas de cría das especies cinexéticas.

Curiosamente, en xaneiro de 2011, a Concellería de Medio Ambiente de Baiona xunto á Consellería de Medio Rural, e perseguindo "un efecto divulgador", construiron un camiño cara o interior da marisma. Unha zona que sempre ten sido de aniñamento para as aves, converteuse nun lugar de paseo e recreo, obrigando obviamente ás aves a abandoar o lugar ante a presenza humana.


Antes

Despois

Pero o afán artificializador dos espazos naturais protexidos non parece ter fin. Abren novas pasarelas e continuan manipulando a natureza, "poñéndoa en valor", aunque o que realmente consiguen é desvirtuar os redutos dedicados á proteción das especies, escorrentándoas e transformando esa proteción nun simple atractivo turístico.

Hai que ter valor para "poñer en valor" o que non necesita acción ningunha, claro que só un necio confunde valor e prezo.




A FOZ DO MIÑOR e a Lei de Augas de Galicia



Vertido na Foz do Miñor

A Lei 9/2010, DE 4 DE NOVEMBRO, DE AUGAS DE GALICIA ten por finalidade garantir as necesidades básicas do uso da auga da poboación, favorecendo o desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e compatibilizándoo coa preservación do bo estado dos ecosistemas acuáticos e ecosistemas terrestres asociados.

É especialmente severa coa contaminación das augas e en especial cando afecta ás rías galegas.


No seu Artigo 81. Vertidos de residuos di:


  • 1. Queda prohibido efectuar cualquera tipo de vertido de residuos ás augas das rías de Galicia, excepto cando estes sexan utilizados como recheos e estean debidamente autorizados, unha vez constatada a ausencia de afección á calidade das augas de acordo co previsto no Anexo II da presente Lei.

E qué propón o Anexo II? Fala sobre os obxectivos de calidade das augas das rías de Galicia e en canto a parámetros bacteriolóxicos di:

ParámetrosUnidadeValorObservacións
Coliformes fecaisufc/100ml10090% das mostras
Estreptococos fecaisufc/100ml10090% das mostras
Coliformes totaisufc/100ml50090% das mostras

E considera infraccións (Artigos 85 y 86)

Considerarase falta leve:

  • a) As accións ou omisións que causen dano ás augas superficiais, subterráneas, de transición ou costeiras e aos demais bens do dominio público hidráulico, sempre e cando a valoración do dano non supere os 15.000 euros.

  • e) Os vertidos que poidan alterar a calidade da auga ou as condicións ambientais ou hidráulicas do medio receptor, efectuados sen contar coa autorización correspondente, cuando non existan danos derivados para o dominio público ou cuando estes no sexan superiores a 15.000 euros, así como os vertidos non autorizados aos sistemas de saneamiento cando non existan danos derivados para as obras hidráulicas ou cando estes non sexan superiores a 15.000 euros.

E falta grave:

  • 1. Considéranse infraccións graves ou moi graves as enumeradas no artigo anterior cando dos actos e omisións previstas se deriven para o dominio público danos cuxa valoración supere os 15.000 e 150.000 euros, respectivamente.



A FOZ DO MIÑOR e a Lei de Costas


A foz do Miñor, está tamén baixo a tutela da Lei de Costas, ao ser "dominio público marítimo-terrestre", polo que está suxeita ás medidas de salvagarda e protección que dita lei establece.

  • Regulación do deslinde administrativo.
  • Limitacións á propiedade privada ao lindar co Dominio público marítimo-terrestre.
  • Prohibición absoluta de verter residuos sólidos ou escombros.
  • Protección sobre a extracción de áridos e realización de dragados.
  • A necesidade de obter un permiso para realizar vertidos contaminantes, sendo necesario que o peticionario xustifique previamente a imposibilidade ou dificultade de aplicar unha solución alternativa para a eliminación ou tratamento das devanditas verteduras. Non poderán verterse sustancias nin introducirse formas de enerxía que poidan comportar un perigo ou perxuizo superior.



A FOZ DO MIÑOR: Humidal



A Foz do Miñor

As zonas húmidas constitúen un ecosistema ao que durante décadas no se lles concedeu ningún valor. Eran consideradas zonas insalubres e improdutivas, polo que se desecaban para o seu aproveitamento agrícola ou turístico. Isto propiciou que nos últimos 100 anos desaparecesen máis do 60% da superficie de humidais do planeta.

Os humidais figuran entre os medios máis produtivos do mundo. Son berces de diversidade biolóxica e fontes de auga e produtividade primaria das que innumerables especies vexetais e animais dependen para subsistir. Dan sustento a altas concentracións de especies de aves, mamíferos, reptiles, anfibios, peixes e invertebrados. Os humidais son tamén importantes depósitos de material xenético vexetal e animal. O arroz, por exemplo, unha especie común dos humidais, é o principal alimento de máis da metade da humanidade.

Protexer os humidais existentes e intentar recuperar os perdidos, debería converterse nunha prioridade irrenunciable. Son moitos os servizos que proporcionan estes ecosistemas. Por citar algúns:

Desde 1977 celébrase o Día Mundial dos Humidais, organizado polo convenio RAMSAR, que ten por obxecto:

A Convención sobre os Humidais é un tratado intergubernamental que serve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional a prol da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Foi adoptada na cidade iraniana de Ramsar en 1971 e entrou en vigor en 1975, e é o único tratado global relativo ao medio ambiente que se ocupa dun tipo de ecosistema en particular. Os países membros da Convención abarcan todas as rexións xeográficas do planeta.

O Estado Español incorporouse ao Convenio Ramsar o 4 de setembro de 1982. En Galicia están acollidos a este convenio a ría de Ortigueira e Ladrido (A Coruña), a Lagoa e o areal de Valdoviño (A Coruña), o Parque Natural de Corrubedo e as Lagoas de Varregal e Vixán (A Coruña) e o complexo intermareal do río Umia – Enseada do Vao-O Grove (Pontevedra).

A Foz do Miñor, está incorporada ao Inventario de Humidais de Galicia co código: 1140009.




A FOZ DO MIÑOR: Rede Natura 2000

Desde febreiro de 1999, A Foz do Miñor forma parte da Rede Natura 2000 co código ES11400003, polas especies incluidas nos anexos das directivas europeas 92/43/CEE, 79/409/CEE y DC 2009/147/CE que nos obrigamos a protexer. O Real Decreto 1997/1995, traspón ao noso ordenamento xurídico a directiva 92/43/CEE.

A extensión do Lugar de Interese Comunitario (LIC) pode consultarse neste mapa. O LIC chega ata a ponte romana, pero toda a zona interior (en azul no mapa incluindo a illa), sería un espazo idóneo para a súa ampliación, xa que os valores protexidos no LIC tamén existen nesta zona.

Según estas directivas, dentro da Foz do Miñor débese protexer especialmente:

(Para máis información prema nas imaxes.)

HABITATS PROTEXIDOS



Pasteiros de Spartina
Spartinion


Pasteiros salinos atlánticos
Glauco-Puccinellietalia maritimae

Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas
Sarcocornetea fruticosi


MAMÍFEROS


Morcego pequeno de ferradura (II)(IV)(A)(G)
Rhinolophus hipposideros

Morcego grande de ferradura (II)(IV)(A)(G)
Rhinolophus ferrum-equinum

Morcego ratoneiro grande (II)(IV)(A)(G)
Myotis myotis

Lontra (II)(IV)(A)
Lutra lutra

Xeneta (V)
Genetta genetta

Caldeirón (IV)(A)
Globicephala melas
(II) MAMÍFEROS que figuran no Anexo II da Directiva 92/43/CEE.
(IV) MAMÍFEROS que figuran no Anexo IV da Directiva 92/43/CEE
(V) MAMÍFEROS que figuran no Anexo V da Directiva 92/43/CEE
(A) Figura no Catálogo Español de especies ameazadas, RD 139/2011.
(G) Figura no Catálogo Gallego de especies ameazadas (decreto 88/2007).


AVES

Corvo mariño grande (II)
Phalacrocorax carbo

Garzota (I)(A)
Egretta garzetta

Garza Real (II)(A)
Ardea cinerea

Lavanco (II)(III)
Anas platyrhynchos

Agulla colipinta (I)(II)(A)
Limosa lapponica

Carrán cristado (I)(A)
Sterna sandvicensis

Carrán carrán (I)(A)
Sterna hirundo

Martiño peixeiro (I)(A)
Alcedo atthis

Folosa acuática (I)(A)
Acrocephalus paludicola

Folosa dos xuncos (II)(A)
Acrocephalus schoenobaenus

Corvo mariño real (II)
Phalacrocorax carbo sinensis

Laverca (I)
Alauda arvensis

Avenoiteira cincenta (I)(A)
Caprimulgus europaeus

Pomba das rochas (II)
Columbia livia

Pomba torcaz (II)(III)
Columbia palumbus

Corvo pequeno (II)
Corvus corone

Gaio ou Pega marza (II)
Garrulus glandarius

Gabita (II)(A)
Haematopus ostralegus

Gaivota patiamarela (II)
Larus argentatus

Gaivota do caspio (II)
Larus cachinnans

Gaivota cana (II)(A)
Larus canus

Gaivota escura (II)
Larus fuscus

Gaivotón (II)(A)
Larus marinus

Gaivota cabecinegra (I)(A)
Larus melanocephalus

Gaivota chorona (II)
Chroicocephalus ridibundus

Cotovía pequena (I)(A)
Lullula arborea

Pentumeiro (II)(III)
Melanitta nigra

Pega (II)
Pica pica

Píldora cincenta (II)
Pluvialis squatarola

Rascón (II)
Rallus aquaticus

Rula turca (II)
Streptopelia decaocto

Rula (II)
Streptopelia turtur

Papuxa do mato (I)(A)
Sylvia undata

Merlo (II)
Turdus merula

Tordo común (II)
Turdus philomelos
(I) AVES que figuran no Anexo I da Directiva Comunitaria 2009/147/CE
(II) AVES que figuran no Anexo II da Directiva Comunitaria 2009/147/CE
(III) AVES que figuran no Anexo III da Directiva Comunitaria 2009/147/CE
(A) Figura no Catálogo Español de especies ameazadas, RD 139/2011.


ANFIBIOS E REPTILES


Lagarto arnal (II)(IV)(A)
Lacerta schreiberi

Sapiño comadrón (IV)(A)
Alytes obstetricans

Sapo corriqueiro (IV)(A)
Epidalea calamita

Saramaganta (II)(IV)(A)
Chioglossa lusitanica

Sapiño pintoxo (II)(IV)(A)
Discoglossus galganoi

Estroza (IV)(A)
Hyla arborea

Ra patilonga (IV(A)
Rana iberica

Ra verde (V)
Pelophylax perezi

Pintafontes verde (IV)(A)
Triturus marmoratus
(II) ANFIBIOS e REPTILES que figuran no Anexo II da Directiva 92/43/CEE
(IV) ANFIBIOS e REPTILES que figuran no Anexo IV da Directiva 92/43/CEE
(V) ANFIBIOS e REPTILES que figuran no Anexo V da Directiva 92/43/CEE
(A) Figura no Catálogo Español de especies ameazadas, RD 139/2011.

PLANTAS


Narcisos (II)(A)
Narcissus cyclamineus

Labaça de ribeira (II)(IV)(A)
Rumex rupestris
(II) PLANTAS que figuran no Anexo II da Directiva 92/43/CEE
(IV) PLANTAS que figuran no Anexo IV da Directiva 92/43/CEE
(A) Figura no Listado de especies ameazadas, RD 139/2011.


Na propia definición do LIC declárase que é vulnerable "Á contaminación mariña en xeral, á urbanización indiscriminada do litoral e á construcción de novas infraestruturas."

A Foz do Miñor, agrupa varias figuras de protección, un amplo recoñecemento institucional aos valores a preservar:

  • Está baixo a tutela do Plan Xeral de Explotación Marisqueira.
  • É un "Espazo Natural" segundo o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa.
  • É "Refuxio de Fauna" segundo a Lei de Caza de Galicia.
  • Está protexida pola Lei de Augas de Galicia.
  • É "dominio público marítimo-terrestre" pola Lei de Costas.
  • É un humidal e está incluida no Inventario de Humidais de Galicia.
  • Varias especies animais e vexetais figuran no Catálogo Español de especies ameazadas.
  • Tamén no Catálogo Galego de especies ameazadas.
  • É un Lugar de Interese Comunitario (LIC).

En calquera país civilizado, este espectacular reducto de biodiversidade, gozaría da maior atención e protección posible. Vexamos cómo nolas gastamos os celtíberos:




A FOZ DO MIÑOR: Unha prioridade política.



Paneis interpretativos na campaña electoral das municipais 2011.

A importancia que os partidos políticos dan a este espazo natural hiperprotexido, queda reflectido nesta foto. Actúan negativamente sobre o medio inaugurando carreiros e "paneis interpretativos" con fondos europeos que unha vez inaugurados e debidamente publicitados, quedan no máis absoluto abandono.

Organizan actos como o "Día Mundial dos Humidais 2012" onde en referencia á Foz cualifícana de "A Doñana Galega", pero o seu interese real pola salvagarda deste espazo único é inexistente. Os orzamentos son para inaugurar e publicitar, non para manter e mellorar, polo que o dispendio resulta totalmente inútil en pouco tempo.

Quizais por iso, estes "paneis interpretativos" son "reciclados" para un "mellor uso" en tempos electorais. Non importa tapar a información do esnaquizado panel. O primeiro é o primeiro.

Fagan vostedes as súas "interpretacións".




A FOZ DO MIÑOR: Un paraíso... da contaminación.



Vertido na Foz do Miñor. Agosto 2011.

O regulamento (CE) 854/2004, establece a calificación das diferentes áreas de produción de moluscos en función da calidade microbiolóxica das augas, concretamente da bacteria Escherichia coli (E. coli). Esta bacteria é quizais o organismo procariota máis estudiado polo ser humano. Trátase dunha enterobacteria que se atopa xeralmente nos intestinos animais, e polo tanto nas augas residuais, pero pódese atopar en calquera sitio, dado que é un organismo ubicuo. Foi descrita por primeira vez en 1885 por Theodore von Escherich, bacteriólogo alemán, quen a denominou Bacterium coli. Posteriormente a taxonomía adxudicoulle o nome de Escherichia coli, en honor ao seu descubridor.

A presenza desta bacteria nun medio de cultivo mariño, utilízase como indicador do grao de depuración das súas augas. En función da cantidade de bacterias que aparecen por cada 100 gramos de molusco e líquido intervalvar, o regulamento comunitario diferencia 4 zonas de extracción:



  • ZONA A. Cando o número de bacterias E. Coli é inferior ou igual a 230 por cada 100 gramos de molusco. Os moluscos extraídos de ZONA A, poden ser comercializados en fresco.

  • ZONA B. Cando o número de bacterias E. Coli oscila entre 230 e 4.600 por cada 100 gramos de molusco. Estes, só poden ser comercializados en fresco se pasan pola depuradora.

  • ZONA C. Cando o número de bacterias E. Coli oscila entre 4.600 e 46.000 por cada 100 gramos de molusco. Neste caso non se poden comercializar en fresco.

  • ZONA PECHADA.. Se o número de bacterias E. Coli supera as 46.000 por cada 100 gramos de molusco, entón a zona péchase e ningún molusco pode ser extraido.


Vertido na Foz do Miñor

O pasado 8 de agosto de 2011 e en virtude do cumprimiento da lexislación europea (Directiva 2004/41/CE, Regulamentos 852/2004/CE, 853/2004/CE, 854/2004/CE, 2073/2005/CE, 505/2010/CE, 558/2010/CE) e nacional: (Real Decreto 640/2006), o Goberno de España publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a “Orde ARM/2243/2011, de 22 de xullo, pola que se publican as novas relacións de zonas de produción de moluscos e outros invertebrados mariños no litoral español.”

Da devandita relación pódense extraer algunhas conclusións sorprendentes. A modo de resumo por comunidades autónomas temos o seguinte:

 Comunidade  Zonas A % Zonas B % Zonas C % Pechadas 
Andalucía3131,632525,77
Cantabria 33,0688,2515,00
Cataluña2525,5144,12
C. Valenciana2424,4944,12
Galicia77,145152,581585,002
Baleares22,04
Murcia55,10
País Vasco 33,09210.00
Asturias11,0222,06
TOTAIS98 97 18 2

E utilizando un gráfico:



Podemos tirar algunhas conclusións:

1.- O 85% das ZONAS C de todo o Estado español, atópanse en Galicia, así como o 52.58% das ZONAS B e tan só o 7,14% das ZONAS A. Estes datos falan por si mesmos sobre a falta e a calidade das nosas depuradoras.
2.- Comunidades como Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana, Baleares, Murcia ou Asturias, non teñen ningún espazo catalogado como ZONA C.
3.- Hai só duas zonas pechadas ao marisqueo en todo o estado Español. Ambas están en Galicia.
  • Unha é a enseada de Caranza na ría de Ferrol. (Código GAL03/06)

  • E a outra, como non, A Foz do Miñor (Código GAL11/03). Zona de Marisqueo, Espazo Natural, Refuxio de Fauna, protexida por la Lei De Augas de Galicia, Dominio público marítimo-terrestre, Humidal, as súas especies figuran no Catálogo Español de especies ameazadas e no Listado Galego de especies ameazadas, é un LIC e resumindo:

    un gran vertedoiro intestinal.

Os niveis de contaminación rexistrados nos últimos anos na Foz do Miñor, non fixeron máis que aumentar. Pasou de ZONA C a PECHADA polos altísimos niveis de E. Coli que chegaron ás 160.000 bacterias por cada 100 gramos de molusco, máis de tres veces a cantidade máxima permitida en ZONA C.


Vertido na Foz do Miñor, Novembro 2007.

Na seguinte gráfica, podemos ver o aumento espectacular da concentración de E. Coli nos últimos anos. Non temos datos do ano 2009 o que non quere decir que non houbese contaminación. A ZONA A nin sequera aparece na gráfica (lembremos que a concentración de E. Coli debe ser inferior a 230). A ZONA B en amarelo, a ZONA C en vermello e en azul ZONA PECHADA.


Fonte: Xunta de Galicia. Elaboración propia


Recentemente, a Axencia Europea do Medio Ambiente acaba de suspender a 39 praias galegas pola mala calidade das súas augas, unha delas é precisamente a praia da Ladeira, que conforma A Foz do Miñor. Con todo, o concello de Baiona garante a calidade das augas desta praia.



A qué se deben estes niveis crecentes de contaminación?

Ás continuas verteduras que se suceden con total impunidade, a pesar da abundante, variada e inútil lexislación vixente?

Á súa dereita teñen vostedes unha mostra cortesía de valminor.info.

Póñano a pantalla completa para velo en todo o seu esplendor.

Ou quizais á depuradora de Gondomar? Esta depuradora explotada pola empresa GESECO, cun caudal medio de 6.720 m3 por día e dando servizo a unha poboación máxima equivalente a 24.000 habitantes, non precisa de moitas analíticas para detectar que é tamén un importante, senon o máis importante foco de contaminación. É unha mágoa que este vídeo do colector de saída ao río Miñor non poida reflectir o fedor que acompaña a estas imaxes. Sorte que teñen vostedes.

Ou podemos pensar que o problema ven do aliviadoiro do saneamento que se atopa en Sabarís (Baiona) e que verte sen depuración ningunha as augas residuais á marisma?

Ou quizais este outro rebosadeiro que se atopa en Borreiros (Gondomar) vertendo tamén sen depuración ningunha directamente á marisma?

Ou este outro ubicado na Ramallosa (Nigrán)?

Este vídeo foi grabado o 16 de febreiro de 2012, o febreiro máis seco en Galicia nos últimos 50 anos. Desde logo non son pluviais.

Ou quizais este outro en Sabarís (Baiona)?

Ou os edificios que verten directamente ao estuario á vista de todo o mundo sen que se faga nada para remedialo?

Ou esta especie de "retrete inverso" con tapa e bisagra que verte periodicamente á marisma?

Ou a suma de todas estas cousas, xunto á desidia política, xudicial e administrativa que son as máis contaminantes de todas. Poderes que bloquean os dereitos que enarboran nas súas bandeiras, convertendo en fume os obxectivos e inquedanzas que nos venden.




Paseo escatolóxico-virtual pola FOZ DO MIÑOR.



Se queren vostedes facer un periplo escatolóxico-virtual pola Foz do Miñor ao modo de Google Maps, preman na imaxe da esquerda e gocen da vista sen mancharse e sen soportar o fedor.



HEMEROTECA



Comentarios actuais

10 comentarios até agora (pon o teu)

Felicidades por el excelente trabajo realizado. Ya va siendo hora que se le llame a las cosas por su nombre.
La manipulación mediática no puede maquillar lo que los paseantes que acudimos a menudo a A Foz vemos diariamente. Mierda y más mierda.

Solo espero que vuestro trabajo tenga justa recompensa.

Autor: José Cuevas o Venres, 8.06.12 @ 20:20pm | #132

O paseo escatolóxico-virtual e unha pasada. Podo certificar moitos dos puntos que aparecen porque os vexo a menudo. E unha vergonza. Teño visto xente mariscando e penso que non saben o que fan.

Autor: Elisa o Venres, 8.06.12 @ 20:29pm | #133

Buenos días,
vivo en Sabaris, Baiona, y me duele comprobar que las autoridades no hacen nada para proteger este bello lugar. Quiero que sepan que me tienen a su total disponibilidad por si necesitan realizar alguna gestión, limpieza, recogida, etc.
Enhorabuena por denunciar esta tropelía.
Nota: Que sepan que hace unos meses me encontré en la playa Ladeira con un funcionario del Seprona y me comentó que a lo mejor prohibían el baño este verano por la contaminación de las aguas.

Autor: Carlos Rama o Sábado, 9.06.12 @ 12:46pm | #134

Cuantas veces paseando por A Foz y viendo y oliendo lo que perciben los sentidos comentaba con mi acompañante la dejadez de las autoridades y vecinos por este paraje que bien podria ser "la Doñana gallega".
La riqueza botánica, faunistica y paisajistica que resaltais en este informe no tiene repercusión ni sensibilidad política ni judicial, solo ciudadana.
Yo tambien quiero luchar por este lugar. Gracias por existir.

Autor: Beatriz Lamas Lopez o Sábado, 9.06.12 @ 13:46pm | #135

O que me parece un escándalo é que a Cofradía de Baiona e as Mariscadoras leven todos estes anos calados coma petos. E para ter a boca calada está claro que fai falta tela chea. E como teñen a boca chea por iso calan, canto mellor que che paguen unha pensión por non traballar que ir a traballar. Así nos vai. Os que deberían facer presión non o fan e ainda lles bailan ás augas ao alcalde de Baiona. Pois nada home, maioría absoluta, que para iso nos henchen ben a boca

Autor: Chinto o Sábado, 9.06.12 @ 18:58pm | #137

As mariscadoras non levan tempo caladas. Veñen denunciando esto nos medios fai moito tempo, pero non se lles fai caso. Espero que con esta denuncia ben documentada as autoridades fagan algo e non solo salgan na foto cada vez que se fai un acto falando das "marabillas" do noso contorno

Autor: Luisa o Luns, 11.06.12 @ 20:40pm | #138

E moi triste que as cousas teñan que funcionar recurrindo a Bruselas. Parece que aquí o único interés polo medio ambiente e verbal. Non entendo como non se lles cae a cara de vergonza cando teñen que vir de un país extranxeiro a tirarlle das orellas. Claro que para iso tiñan que ter vergonza.

Facianos falta moitos traballos así.

Autor: Marcelo o Mércoles, 13.06.12 @ 21:45pm | #139

Hace un par de años yo llamé al Seprona porque estaba saliendo mierda en Sabarís, llegaron y lo vieron, tomaron una muestra y se fueron.
Mucho tiempo despues, coincidí un dia con el agente del Seprona y me dijo que tienen muchas denuncias por contaminación en A Foz y que les dieron traslado a la conselleria de Medio Ambiente donde permanecen debidamente archivadas en un limbo judicial. UNA VERGUENZA.

Autor: Marisa Caamaño o Mércoles, 13.06.12 @ 21:54pm | #140

Lamento que as autoridades estean máis pendientes de denunciar á xente que pasea con cans pola Ladeira, que por tomar medidas para acabar cos verquidos. Non se fai nada porque o custo económico e político non o fai rendíbel. Contaminar sae de balde.

Autor: Roa o Domingo, 17.06.12 @ 23:24pm | #141

Máis de vinte anos denunciando isto sen resposta oficial algunha. Algo falla neste país. A Foz é un entorno privilexiado, os seus xestores, tanto a nivel local como autonómico, uns incompetentes.

Autor: Ricardo Beiras o Luns, 17.10.22 @ 00:27am | #164

Deixe o seu comentario:

Autor:

E-Mail:

URL:

Comentario:


 


Teclee estes caracteres:

 

Nota: As contas de Email non serán visibles e usaranse só para validar o seu comentario. Manteña as formas. Calqueira comentario insultante, inapropiado ou ofensivo será eliminado.

Non se permite código HTML. Os saltos de liña serán convertidos automaticamente. Por favor, utilice BBCode para formatear o seu texto.