Arado de Campo Grande para a plantación de pinos e freixos. Foto cortesía de SOS Groba.
Se tivésemos que enumerar as zonas de maior valor ecolóxico da serra da Groba, seguramente unha das primeiras sería o nacemento do río Mougás. Xa no ano 2012, a Xunta de Galicia, incluía este humidal na Proposta de ampliación da Rede Natura 2000, pero tanto sentido común morreu de sobredose e logo do proceso de exposición pública, a Xunta anunciaba que a ampliación da Rede de protección Europea de Galiza deixaba de ser unha prioridade. Este espazo natural destaca polo seu solo turboso que propicia o desenvolvemento de dúas especies vexetais consideradas "prioritarias" na lexislación comunitaria:
e outros hábitats incluidos na Directiva 42/93/CE:
Pois ben, parece ser que a CMVMC de Mougás, requiríu á Xunta para "reforestar" ésta singular zona coas especies Pinus Pinaster e Fraxinus angustifolia, pinos e freixos, especies incapaces de medrar nestes solos acedos e secos no verán, especialmente os freixos. Ata aquí, todo podía ter acabado nunha reunión entre a Xunta e a CMVMC de Mougás, onde os técnicos da Xunta de Galicia aconsellasen á CMVMC a plantación desas especies noutros lugares más axeitados para elas, informasen do incalculable valor que teñen eses solos turbosos, das especies prioritarias, e apostasen porque a CMVMC de Mougás dedicase unha especial protección a dito paraxe único. Que pasou? Pois que a Xunta lonxe de desistir aplaudíu a "ocorrencia", e tirou de fondos FAEDER e de financiación propia (propia de todas e todos nós), para darlle pulo a esta loucura. Foto cortesía de SOS Groba
Nada menos que 71.369,54 euros (37.526.81 de fondos FAEDER e 33.842,73 euros achegados por todas e todos nós) nunha actuación que está casi rematada e que vai destragar irremediablemente e para sempre unha das mellores zonas de toda a serra. Foto cortesía de Verdegaia. Pero parece que non calcularon ben a cantidade de árbores que precisaban, porque aparecen abandoados uns 700 plantóns de freixo xunto coas bandexas plásticas. Por se todo isto fose pouco, a actuación vai acompañada dun peche perimetral con postes e arames o que vai impedir a entrada dos garranos e outros animais aos seus pastos naturais, presentando un perigo para as aves, e impedindo á cidadanía a preceptiva servidume de paso ao curso alto do río Mougas. Haberá que recordar aquí unha vez máis, que as CMVMC son as xestoras dos montes comunais elixidas pola veciñanza, pero NON os seus propietarios. As propietarias e propietarios dos montes comunais son as veciñas e veciños que teñan casa aberta con lume, polo que a CMVMC non pode impedir o paso nin aos propietarios do monte nin a cidadanía como espazo público. Foto cortesía de SOS Groba
Foto cortesía de Verdegaia Pero non acaba aquí a desfeita. Para realizar a plantación utilizouse un tractor que ven de facer sucos na dirección da pendente o que propicia o valeirado do humidal, modificando irremediablemente as características que o fan tan importante. Con todos os respectos para a CMVMC de Mougás, para a xente que traballa no monte e que trata de tirar rendemento económico do mesmo, sen menosprezar o seu enorme traballo, cómpre dicir que non todo vale, que non se pode arrasar co patrimonio, cos solos protexidos, coa biodiversidade, coa paisaxe, porque hai cousas que teñen moito valor, valor incalculable, pero que non é económico. Pechar os ollos a éste tesouro é algo do que se arrepentirá a nosa xeración e as que están por vir. Mais
|
Comentarios actuais
1 comentarios até agora (pon o teu)Hai que ser túzaros. É un lugar magnÃfico e non saben que facer para estragalo.
Autor: Pepe Toba o Xoves, 18.02.16 @ 15:59pm | #158