http://www.salvemosmonteferro.org
Monteferro, 27 de Febreiro de 2010:




NOTA DE PRENSA DE SALVEMOS MONTEFERRO



Sorpresa e indignación produciu neste colectivo --como demostran as numerosas chamadas e mensaxes recibidas de socios e simpatizantes-- a noticia de que 20.000 m2 da zona norte de Monteferro pretenden ser considerados como “urbanizables” no novo PXOM de Nigrán.

MONTEFERRO HOXE...
E MONTEFERRO NO AVANCE DO PXOM

Esa decisión desminte totalmente as reiteradas promesas do equipo de goberno, e especialmente do propio Alcalde, de respectar os acordos aos que chegase o Consello Sectorial, e pon en serio perigo a mesma supervivencia deste.

Nese Consello, único foro de debate sobre o novo PXOM, participan máis de 20 colectivos de Nigrán, o que constitúe a práctica totalidade do entramado asociativo do concello. Partidos políticos, asociacións veciñais, deportivas, culturais, sociais, profesionais e ecoloxistas, de todas as tendencias e ideoloxías, que nos unimos para buscar, tras longas reunións e debates,  unha visión conxunta e consensuada do Nigrán que queremos no futuro. E onde, por certo, non contamos coas achegas e contribucións do PP nin da UCN, porque non se dignaron debater cos colectivos de Nigrán. Agora mesmo descoñecemos os seus puntos de vista sobre o planeamento do concello; iso si, de entrada posiciónanse contra todo o proceso de tramitación do PXOM.

Monteferro no Documento de InicioMonteferro no documento de Avance
Monteferro no Documento de Inicio Monteferro no ducumento de Avance

A calificación como urbanizables deses 20.000 m2, aparecida no documento de avance do Plan Xeral, contradí gravemente o acordo alcanzado pola Asemblea do Consello Sectorial respecto a Monteferro, acordo que foi aprobado por abrumadora maioría, cun único voto en contra. O texto final (que recollía integramente unha proposta de Salvemos Monteferro) dicía así:  “Consideramos que o PXOM debe integrar e aumentar as medidas protectoras de Monteferro que conteñen as actuais normas subsidiarias, impedindo [...] intervencións que modifiquen o seu carácter de espazo natural, que é a maior riqueza que para Nigrán representa Monteferro.”

E contradí así mesmo outro acordo da mesma Asemblea (tamén maioritario e tamén baseado nunha proposta deste colectivo) respecto a toda a franxa costeira do concello, no que textualmente se consideraba “que cómpre restrinxir ao máximo a construción de novas edificacións e infraestruturas nesa zona [litoral] sensible”.

Consideramos indispensable que o equipo de goberno, co alcalde e o tenente de alcalde á fronte, amosen a firme vontade política de evitar esta nova desfeita.

As declaracións aos medios de comunicación falando de dotar da máxima  protección a Monteferro, Monte Lourido ou A Foz do Miñor, soan moi ben, pero son totalmente incompatibles con noticias como esta.

Tampouco podemos entender, nin moito menos aceptar, as explicacións do equipo redactor e do propio alcalde, en canto a que esta aberración responde a que eses terreos tiñan xa a calificación de urbanizables nas normas subsidiarias. Para que se fai un PXOM? Para manter a ordenación preexistente ou para facer unha nova máis acorde coa realidade actual? Para copiar e perpetuar erros ou para corrixilos? Ademais cómpre lembrar que esta “zona urbanizable” non aparecía como tal no documento de inicio, nin tampouco (cousas veredes) no defenestrado PXOM do tristemente célebre Alfredo Rodíguez Millares.

E aínda máis: vai tamén en contra do estipulado no documento previo á aprobación inicial do Plan de Ordenación do Litoral (POL), enviado recentemente pola Xunta aos Concellos, no que os terreos en cuestión aparecen cualificados como de “Mellora ambiental e paisaxística”, cualificación que impide a edificabilidade.

MONTEFERRO NO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL DA XUNTA DE GALICIA

A pesar do fondo malestar que estas novas nos producen, non podemos menos que alegrarnos ao constatar a maioritaria sensibilidade que respecto a Monteferro se espertou na cidadanía e, sorprendentemente, tamén nalgún concelleiro da oposición que ata agora vivía ben lonxe dese tipo de preocupacións. Que ninguén teña a menor dúbida (e el tampouco) de que Salvemos Monteferro loitará con todas as ferramentas e medios ao seu alcance para evitar un novo atentado contra ese espazo natural senlleiro, o único que nos queda en todo o litoral sur da nosa malferida e malpocada ría de Vigo.

SALVEMOS MONTEFERRO        

Comentarios actuais

25 comentarios até agora (pon o teu)

No se podía esperar otra cosa. El negocio es el negocio y los ladrones son ladrones. Y estos son los que mandan.
Que no cuenten conmigo cuando pidan los votos, que para eso es para lo único que les interesa el pueblo. Que vaya a votar su santa madre!
Gracias por vuestro trabajo y constancia. Vosotros si que podeis contar conmigo. Tenedme informado de todo lo que se pueda hacer.
Un abrazo y de nuevo gracias.
Raul Pena

Autor: Raul Pena o Luns, 1.03.10 @ 20:57pm | #67

O que pasa en Monteferro é o de sempre. É igual quen goberne, PSOE, BNG, PP, UCN ou calquera, todos acaban facendo o mismo. Moito gritan cando están na oposición pero todos fan o mismo (o moi parecido) cando están no Goberno.
Me teñen canso. Os van votar as suas familias. Conmigo que non conte ningún deles.

Autor: Pepe Cañas o Luns, 1.03.10 @ 21:17pm | #68

Pués eso. Que les va a votar su santa madre.
Que decepción, pensar que yo les he votado!!!
Que recuerden lo que pasó con el otro PXOM y pongan las barbas en remojo, que quien hace un cesto hace un ciento. Ya sabemos como es.
Esta vez podemos mejorarlo!!!
Y vosotros seguid así y que no os cambien.
Monteferro es de todos (y poco nos queda que sea de todos)

Autor: A. Hernández o Martes, 2.03.10 @ 01:07am | #69

Pués conmigo que tampoco cuenten, que les vote su santa madre.
¿Ya no se acuerdan de lo que pasó con el PXOM de Alfredo el corrupto? Y encima la hipocresía de las declaraciones beatíficas por un lado y los palos al monte por el otro. Al pueblo mintiendo y el cazo poniendo!
Gracias a vosotros por estar ahí, activos y vigilantes. Volveremos a ganarles, ya veréis.

Autor: A. Hernández o Martes, 2.03.10 @ 12:10pm | #70

a xunta acaba de sacar unha nova lei do solo e esa lei ten como fundamentos
1) cazo
2) corrupcion
3) complacencia
4) idocia
5) silencio
6) corrupción
7) complicidade
etc-etc-etc-etc-etc
FRIJOLES ARRUINADOR DE GALIZA!

Autor: guillerme fernán o Martes, 2.03.10 @ 14:15pm | #71

Bloque, PsoE, PP a mesma merda é, frase que mais umha vez se comprova que é umha grande verdade.

Canha, canha, canha contra a mafia inmobiliaria.

Saúde compas

Autor: Edi o Martes, 2.03.10 @ 14:44pm | #72

¿Ni siquiera pueden dejar tranquilo Monteferro?
Un sitio para poder tener un poco de paz el fin de semana que no cuesta dinero. ¿También hay que acabar con el?

Teneis razón. Les va a votar mi bisabuelo.

Autor: Juán Pardo García o Martes, 2.03.10 @ 15:40pm | #73

Non pode ser. Do PP xa non esperaba outra cousa, pero destes... É unha puñalada polas costas.

A quén votar...

Autor: Felisa Caamaño o Martes, 2.03.10 @ 15:53pm | #74

Neste pais, a "democrácia", parece ser un sistema que lle permite aos "demócratas", facer negocio saltandose as leis, empregando para elo as institucións, o oscurantismo, a manipulación, etc. Un ten unha ideoloxía segundo esté no governo ou na oposición. O que está claro é que todos cando están n poder, van a sacar o maior redito económico posible, así é común en tódalas coorporacións locais que o primeiro que fan todos (goberno e oposición) é subirse o soldo. Todos se poñen a venda. O urbanismo, ou a privatización dos servizos, son os medios máis empregados para corromper se e facerse con diñeiro fraudulentamente.

O caso do Concello de Nigrán, é un exemplo vivo de como funciona o seu sistema de corrupción democrática, especulativa, ambiental, etc.

Adiante Salvemso Monteferro! Adiante a vontade do Consello Sectorial! Adiante o inetres xeral!Abaixo os intereses partidistas e persoais!

Víctor Manuel Fuentes Viaño
Amigo de Monteferro!


Autor: Víctor Manuel Fuentes Viaño o Martes, 2.03.10 @ 16:33pm | #75

Alén da avaricia especulativa, da destrución da natureza en beneficio privado, da corrupción política, da insensibilidade ambiental e da miseria intelectual súas de cada día, só quero facer tres consideracións:

1) Parece que no Doc. Inicio aparecen dúas zonas distintas no extremo artificializado do NE de Iron Mount. Unha de S. Urbano, na que coido que están a construir agora; e outra de S.R. de Protección de Costas. No Avance, as dúas aparecen como solo Urbanizable. Xa non é disculpable a primeira: É unha navallada cara ó interior do monte (Tampouco é disculpable a construcción feita en todo o istmo. Quen vexa Monteferro dende o E-NE, dende lonxe, teno fácil de entender). Pero a outra xa é o remate da barbaridade.
2) ¿Qué tipo de cartografía utiliza o POL? ¿Por qué a franxa de Protección Costeira ten esas variacións de anchura? ¿Por qué a cor da franxa de Mellora Ambiental e Paisaxística abrangue tanto o monte como zonas xa construidas? ¿Por qué reflicte á urbanización N do istmo, pero non reflicte o construido no S?. Ou fallan as cores, ou a Xunta está disposta a todo (no coido), ou o que falla son as intencións da Xunta.
3) ¿Qué tipo de sensibilidade ambiental, de criterio estético, de criterio urbanístico e de simple competencia técnica ten un equipo redactor que presenta un Avance con este contido? (Da Avaliación Ambiental Estratéxica xa falaremos).

Autor: Eliseo o Martes, 2.03.10 @ 17:43pm | #76

A costa é un caramelo que estes que administran nosos cartos non poden resistir.
O deterioro dos últimos 50 anos é algo impresionante. Non podemos permitir que desfagan o que queda. Reacción popular xa.

Autor: Cangas o Martes, 2.03.10 @ 18:59pm | #77

Pero que me contades, con que argumento fan isto?

Autor: Marcos o Martes, 2.03.10 @ 19:14pm | #78

Non se pode facer eso cun espacio protexido.
Hai que facerse oir.
Mando o meu apoio para que se frene este atropello.
diletanti@hotmail.com

Autor: Jose Manuel o Martes, 2.03.10 @ 19:57pm | #79

Salin a recoller firmas a rua para salvar monteferro, que por certo foron moitas.Estiven na concentración ó 13-5-2006, se me precisades estou aquí de novo. Son emputada polo PXOM sen tocar a nada so por facer acto de presenza no lugar dos feitos. Son vella, pero os meus xenes son de loitar e loitar pola miña terra. Monteferro e de todos.Se os expeculadores ó collen ¿ qué cachiño deisan para nos?... no lugar da desfeita en recordo farémoslle un MONOLITO con cara e letras.

Autor: amiga de monteferro o Martes, 2.03.10 @ 20:20pm | #80

Qué podíamos esperar? solo hai que ver o "idilio" de Carlos Fernández, alcalde de Ames, e presidente da Fegamp, co PP neste asunto....eiquí a única "norma" é unha: trago co que me convén, que resumindo é: poder e pasta...incrible e penoso pero certo...Mais que se preparen porque nos ben sabemos que hai outras cousas moito mais valiosas, e se non as escoitan falando, pois terán que escoitalas...cantando!
Unha aperta e moita forza.

Autor: Gelukinha o Martes, 2.03.10 @ 21:07pm | #81

No lo permitáis. Politicos de mierda, corruptos. Tenedme informado de todos vuestros movimientos y gracias por todo lo que hacéis.

Autor: Modesto Vázquez Riveiro o Martes, 2.03.10 @ 23:01pm | #82

Salvemos Monteferro, ¡estamos todos con vós!

Hai que parar esta nova desfeita que ameaza Monteferro igual que se pararon as anteriores. Contades con todo o noso apoio para facelo.

Ãnimo
Miguel

Autor: m o Martes, 2.03.10 @ 23:36pm | #83

Hai que botalos a todos, aos 3 partidos que teñen representación no Parlamento. Son todos iguais ,COMO DI TANTA XENTE E DEMOSTRAN CADA DÃA MÃIS e só están aí para destruir o país e enriquecerse,facer negocios ou recibir " PREMIOS"despois dos servizos prestados na maioría dos casos. Por iso se poñen de acordo e votan a destrución masiva da terra, mesmo dos espazos protexidos, como están demostrando coas modificacións da LEI DO SOLO ou un POL DESTRUTIVO E TOTALMENTE PERMISIVO NO LITORAL.
Non hai ética, nen sensibilidade nin amor a terra.
NIN EN ÃFRICA OU OS PAÃSES MÃIS CORRUPTOS DE AMÉRICA LATINA OU DE ASIA..FAN ISTO....UNHA AMNISTÃA XERAL DE TODAS AS CASAS ILEGAIS (MÃIS DE 50000), MESMO NOS ESPAZOS PROTEXIDOS PARA ACABAR CON ELES, O LITORAL, COS MONTES E CO QUE FAGA FALLA. E o PSG APOIÃNDOOS MENTRES O BNG está, como sempre, ao dobre xogo e querendose cargar a LEI DE COSTAS PIDINDO BURRADAS NO PARLAMENTO ESPAÑOL.
ONDE ESTÃN AS FISCALÃAS E A XUSTIZA? QUE FAI O PRESIDENTE DE GOBERNO QUE PERMITE TODO E QUE O SEU PARTIDO CAIA TAN BAIXO DEMOSTRANDO NO CASO GALEGO PARA QUEN TRABALLAE A DESFEITA CRIMINAL QUE APOIAN , GRAZAS A CAL O PP A LEVARÃ ACABOo ?
Queren instalar O CAOS, O TODO VBALE E A LEI DO EMBUDO.
DEMOSTRÉMOSLLE QUE ESTE É UN POBO CON DIGNIDADE QUE LOITAREMOS COMO VALENTES FRONTE A DESTREUCIÓN BRUTAL E DEVASTADORA DE GALIZA E QUE NON PARAREMOS ATA BOTALOS A TODOSFÓRA E CAMBIAR ESTE SISTEMA CORRUPTO . cHEGOU A HORA DA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA, DA DIGNIDADE, XUSTIZA E PROTECCIÓN REAL PARA O NOSO LITORAL E TERRITORIO.PARA DESTRUILO E ACABAR CO PAÃS NON NECESITAMOS POLÃTICOS NIN ESTA CLASE DE ATILAS QUE SON O NOSO MAIOR PROBLEMA E A CAUSA DE TANTA DESFEITA CRIMINAL E CORRUPCIÓN.
TODOS E TODAS à MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO LITORAL E DO TERRITORIO O DÃA 21 DE MARZO EN COMPOSTELA!
FÓRA POLÃTICOS CORRUPTOS DE GALIZA!

Autor: B. LOURO o Mércoles, 3.03.10 @ 00:06am | #84

Lamentablemente é un suceso que se ven repetindo a cotío. Primeiro a marbellización e acoitelamento
da privilexiada zoa do Mediterráneo. Logo as agresións ao medio natural en calquera latitude da xeografía, sempre co único propósito da especulación mais salvaxe, con absoluto desprezo as mais elementais normas de harmonización e respecto co medio.
Recheos, desforestación, desertización, atentados contra a natureza e, fora de toda ordenación urbana, non fan mais que incidir na deshumanización, no catastrofismo, en definitiva, na miseria.
Pobre herdanza a que deixamos aos nosos fill@s e net@s e, todo iso pola delincuencia exercida por un puñado de especuladores, evidentemente coa conseguinte complicidade d@s gobernantes.
Vaia polo exposto, o meu incondicional apoio á causa, todo por un mundo mais xusti, menos inquisidor e mais igualitario.
Camilo Camaño Xestido
Artista. Director da Casa da Cultura de Cangas e Responsable de Arte e Patrimonio

Autor: Camilo Camaño Xestido o Mércoles, 3.03.10 @ 09:12am | #85

Non permitiremos que vendan monteferro, sempre loitarei pola miña terra, contar conmigo.
volveremos a gañar
nativa de monteferro

Autor: chus o Mércoles, 3.03.10 @ 09:54am | #86

Más que nunca: Salvemos Monteferro!!!
¿Como es posible que nos quieran hacer tragar esto a estas alturas?
¿Donde están esos ecologistas del PSOE? ¿Por qué no dice nada el otrora omnipresente Juan Hermida?¿Donde se esconden, caladiños, os patriotas do BNG?
¿Como puede tener la cara tan dura el impresentable de Antoñito, ese neoecologista fullero investigado por la fiscalía por los chanchullos del PXOM anterior?
Los que deben estar contentísimos son los vampiros del PP: les están haciendo el trabajo sucio!
Pero no se van a salir con la suya. Mantenedme informado en esta dirección de correo.e Para todo lo que pueda hacer contais conmigo

Autor: J. Rivas o Mércoles, 3.03.10 @ 14:25pm | #88

Parece que todos tenemos un sentimiento parecido en relación a nuestros políticos, que sólo les interesamos una vez cada 4 años; pues que vayan espabilando, que sólo quedan 2 años para las elecciones, y como no se pongan a trabajar de firme y a escuchar al pueblo Nigran puede ser el primer municipio de España en el que tengan que invalidar las elecciones porque la gente no vota.
Gracias amigos de Salvemos Monteferro por vuestro trabajo, contad tambien conmigo para lo que haga falta

Autor: MILAGROS o Mércoles, 3.03.10 @ 15:27pm | #89

Monteferro NO. ¡¡¡ Ya está bién !!!
Ya llega, lo quieren destrozar todo.
Contad también conmigo.

Autor: Aurita o Xoves, 4.03.10 @ 16:37pm | #91

SEMPRE O MESMO, O MESMO CAN CON DISTINTO COLLAR.
A MIN NON ME DEIXAN ARRANXAR A MIÑA CASA POLA LEI DE COSTAS E ELES PODEN CONSTRUIR O QUE QUEIRAN.

Autor: EU MESMA o Venres, 5.03.10 @ 12:44pm | #92

Despois de voltar os tempos escuros de especulación e caciquismo en Galicia, enterámonos de que unha galega, Elena Espinosa que dirixe o paripé chamado Ministerio de Medioambiente, vetou a emisión na televisión pública de un documental encargado polo propio Ministerio cando era dirixido por Cristina Narbona. Os motivos da censura son que o documental fai alusión a corrupción como unha das causa que estragan o noso patrimonio natural. Agora si que estamos perdidos, temos os caciques espallados por todo o país facendo o caldo gordo as promotoras urbanísticas mafiosas.
Elena Espinosa xa demostrara as suas mañas cando dirixiu a Autoridade Portuaria de Vigo, agora vai a mais.

Autor: Antón o Martes, 16.03.10 @ 00:26am | #93

Deixe o seu comentario:

Autor:

E-Mail:

URL:

Comentario:


 


Teclee estes caracteres:

 

Nota: As contas de Email non serán visibles e usaranse só para validar o seu comentario. Manteña as formas. Calqueira comentario insultante, inapropiado ou ofensivo será eliminado.

Non se permite código HTML. Os saltos de liña serán convertidos automaticamente. Por favor, utilice BBCode para formatear o seu texto.