O pasado 4 de outubro o alcalde de Nigrán entregaba ás asociacións que formamos parte do Consello Sectorial de Nigrán a documentación presentada polo equipo redactor do PXOM con data 27/09/2012 para o trámite de aprobación inicial do referido documento. Advirte que está a ser analizado polos servizos técnicos e xurídicos municipais polo que a información pode sufrir algún cambio. A Xunta de Galicia ten emitido informes sectoriais sobre o PXOM de Nigrán. Concretamente os seguintes:
Esta Asociación, descoñece se se teñen emitidos máis informes sectoriais ou se ainda se está á espera deles. Por outra banda, tamén temos coñecemento dos informes municipais técnicos e xurídicos publicados na web do PSOE de Nigrán. Estos demoledores informes, poñen moi en dúbida a viabilidade do PXOM actual. O principal problema que temos é que descoñecemos en que punto da tramitación se atopa a documentación que se nos subministrou desde o concello. Resumindo. Ata que punto podemos estudar e valorar esta documentación?. Non sabemos a profundidade dos cambios que ainda pode sufrir esta información que se nos subministra e polo tanto non sabemos se paga a pena ou non gastar cartos e esforzos no seu estudo. Ainda así, e tendo en conta que o que imos expoñer en este artigo pode sufrir importantes cambios, imos a traballar coa información que temos. Non nos deron outra. Vexamos primeiro a clasificación do solo en Monteferro segundo o plan vixente: E vexamos como é a calificación proposta no novo PXOM: A Lei de Costas
Hai moitos cambios, non si? En especial na zona costeria tanto norte como sur. Botemos un ollo á lexislación vixente en materia de costas. A Lei 22/1988 de Costas de 1988 (próxima a ser reformada pero ainda en vigor Cañete mediante) fai as seguintes definicións que poden ser visualizadas na seguinte gráfica: O obxectivo xenérico da Lei de Costas, é protexer e preservar a costa e os sistemas litorais naturais, ademais de "recuperar naturalidade" nos ámbitos degradados e urbanizados. O incesante crecemento da demanda de vivenda na costa determina, en moitos casos, a superación da capacidade de carga das praias e a caida na calidade ambiental destas áreas litorais. Ocupación da servidume de protección por edificacións. A recuperación destes ámbitos, está directamente relacionada co alivio da presión edificatoria sobre a zona costeira e neste sentido é esencial o cumprimento das determinacións que a Lei 22/1988 de Costas establece, non só para o Dominio Público Marítimo Terrestre (DPMT), senon tamén para as franxas de dominio privado adxacentes (servidumes de tránsito e protección). En canto á servidume de protección, según o artigo 23 da Lei de Costas, recaerá sobre unha zona de 100 metros (20 se falamos de solo urbano, clasificado así á entrada en vigor da lei , e decir en 1988), medida terra adentro desde o límite interior da ribeira do mar, ampliable ata un máximo de outros 100 metros cando sexa necesario para asegurar a efectividade da servidume, en función das peculiaridades do tramo de costa que se trate. É importante sinalar que dentro da servidume de protección, hai 6 metros de servidume de tránsito, medidos terra adentro dende o límite interior da ribeira do mar. Esta zona ten que deixarse expedita para o paso público peanil e para os vehículos de vixiancia e salvamento. (Artigo 27 da Lei 22/1988 de Costas). A Lei de Costas prevé no seu réxime transitorio un status urbanístico equivalente ao de "fóra de ordenación" para todas as edificacións que xa existiran na servidume de protección denantes da súa entrada en vigor e non foran axustadas aos usos admisibles nela. Ocupación do dominio público marítimo terrestre. Neste sentido, a sentencia do Tribunal Constitucional 149/1991 di que a competencia que ostentan as CCAA en materia de ordenación do territorio en virtude do artigo 147.8 3º da Constitución de 1978, inclue o litoral. A competencia de ordenación do litoral é exclusiva das CCAA se o teñen atribuido no seu Estatuto de Autonomía, ainda que debe exercerse respetando as previsións da Lei de Costas en materia de servidumes demaniais. A tarefa de liberar as servidumes de tránsito e protección e, no seu caso, substituir as edificacións, instalacións non axustadas á Lei de Costas por outras acordes con ela, debe ser abordado conxuntamente polos municipios e CCAA a través dos instrumentos de planeamento territorial e urbanístico no exercicio das súas respectivas competencias. Non procede, pois, conformarse con aceptar resignadamente o réxime de fóra de ordenación para este tipo de fachadas litorais. O artigo 45.1 da Lei de Costas fala dos usos permitidos na servidume de protección: 1.- Na zona de servidume de protección estarán prohibidos:
Como traslada o PXOM o espíritu da Lei De Costas á nova ordenación na zona de Monteferro? Vexamos unha animación que superpón a nova calificación proposta coa calificación de dominio público, servidumes e afeccións existentes na actualidade. Comecemos coa zona norte: A servidume de protección vai desde a liña de deslinde de costas (liña vermella continua estreita, non confundir coa liña vermella máis ancha que indica os límites do solo urbano na calificación proposta) ata a liña de servidume de protección (liña azul punteada). Podemos ver moitas propiedades que están fóra de ordenación na actualidade que logo do plan proposto xa son solo urbano non consolidado ou consolidado. Parece claro que a directiva que rexe este PXOM ten pocuo que ver co espírito da Lei de Costas e moito coa pretensión de legalizar todas as construccións que se atopan fóra de ordenación na actualidade. Todas? parece que todas non. Algunha propiedade permanece fóra de ordenación na nova calificación proposta. Por que? Esta pregunta deberian respostala os técnicos e o Alcalde. E que pasa na zona sur de Monteferro? Vexamos tamén unha animación: Aquí a cousa parece moito máis grave. Case todas as propiedades fóra de ordenación pasan a ser solo urbano non consolidado, pero non todas, algunhas permañecen fóra de ordenación. Terreos non construidos pasan a ser solo urbano non consolidado, outros o son en parte. Donde está reflexado o espíritu da Lei de Costas? Nas ondas do mar... Un PXOM ten que respectar a lexislación vixente. Un PXOM ten que basearse en criterios lóxicos fácilmente explicables e ten que ser inflexible na aplicación deses criterios. Se o que se pretende é legalizar as propiedades que se atopan fóra de ordenación, saltándose a Lei de Costas e, polo tanto, a legalidade vixente alá eles, pero cando menos ser coherentes. Saltarse a legalidade para legalizar unhas propiedades si e outras non é algo que teñen que explicar caso por caso. De non facerse así, brotarán as dúbidas sobre os obxectivos reais que busca este PXOM.
Chama a atención a pretensión do goberno municipal da creación dunha "senda litoral" en Monteferro. Visto o visto, esa senda non será litoral, alomenos no istmo de Monteferro, a non ser que se ocupen as praias e se fagan voladizos enriba do mar. Nós pensamos que Monteferro non precisa de "sendas litorais" ningunhas. Monteferro está cheo de preciosos sendeiros cargados de encanto e natureza. A man do home só pode estragar a maxia que atesora. Utilicemos os cartos para outras cousas máis importantes nestes tempos de crise donde as veciñas e veciños de Nigrán están a pasar por momentos difíciles. Monteferro: O monte
Monteferro e o SAU-1
Como xa denunciamos cando se tramitou o Documento de Avance:
Estes 20.000 m2, formen parte ou non do SAU-1, e dado que estamos en plena redacción do PXOM, poden ser recalificados tanto como urbanizables como solo rural de protección de Costas ou solo rural de protección de espazos naturais. O que se faga depende da vontade do equipo de goberno. Decir que o SAU-1 é así (con eses 20.000 m2 engadidos) é como decir que non poden recalificar ninghún terreo do municipio porque xa estaban calificados así. A redacción do PXOM é o momento para decidir que é o que se quere protexer e o que se quere urbanizar. Non é pois compatible o discurso do goberno de Nigrán sobre a protección de Monteferro, con esta recalificación urbana. Non nos enganen. Monteferro e o POL
Monteferro foi clasificado no Plan de Ordenación do Litoral (POL) como espazo de interés paisaxístico, e o istmo é parte do monte como zona de mellora ambiental e paisaxística como pode verse no seguinte mapa: Ainda así, o POL deixa a clasificación final e pormenorizada aos plans urbanísticos municipais nas diferentes zonas litorais. Neste caso o PXOM fai a súa propia interpretación do POL que é a seguinte: Todo Monteferro é un "espazo de interés paisaxístico" e o istmo e parte do monte está tamén catalogado como de "mellora ambiental e paisaxística". E se superpoñemos a calificación proposta co POL baixo a interpretación do PXOM temos: Non entendemos por que a zona da xermaña, fóra de ordenación urbana na nova clasificación proposta, sexa sen embargo clasificada como de "mellora ambiental e paisaxística" na ordenación do POL. A que razóns podemos atribuir esta medida? Estarán a preparar o seguinte zarpazo ao monte? Quen se beneficia? A finca denominada O Rapón que tanto deu que falar na elaboración do fallido plan xeral anterior, aparece agora cun cambio na catalogación. Esta finca sempre foi un foco de conflictividade. Fagamos un pouco de memoria:
Tiren vostedes as súas propias conclusións... Por outra banda, se vemos o mapa do POL, a zona de "mellora ambiental e paisaxística" ten forma de can (será por aquelo da mordida) e se nos fixamos na súa orella, veremos que tamén hai unha zona do monte calificada como "de interés paisaxístico" que pasa a ser zona urbana. Coma sempre as razóns de esta nova "excepción" non son explicadas. Monteferro e a súa conectividade ecolóxica
Monteferro está catalogado como S.R.E.P. de protección paisaxística. A súa costa forma parte do LIC Monteferro - Illas Estelas, e polo tanto está incluido na Rede Natura 2000. Os seus cantís son importantísimas zonas de aniñamento e protección para as aves. Pola súa cercanía co Parque Nacional das Illas Atlánticas, existe unha importante conectividade ecolóxica que hai que preservar. A conectividade ecolóxica é a capacidade que ten unha poboación para relacionarse con individuos de outra poboación nun territorio fragmentado. Catalogar todo o istmo como urbano, sen respectar nin tan sequera os preceptivos espazos costeiros, pon en serio perigo esta conectividade. O artigo 10 da Directiva Hábitats di: "Cando o consideren necesario os Estados membros, no marco das súas políticas nacionais de ordenación do territorio de desenvolvemento e especialmente para mellorar a coherencia ecolóxica da Rede Natura 2000, esforzaranse por fomentar a xestión dos elementos da paisaxe que revistan primordial importancia para a fauna e a flora silvestres." Conclusións.
|
Comentarios actuais
4 comentarios até agora (pon o teu)Minten mais que falan. Dentro de pouco haberá que traducir os discursos dos polÃticos. Se dicen protección é depredación, se dicen respecto é desprecio, se dicen sostible é insostible.
Bo traballo.
Autor: Arturo Leima o Venres, 19.04.13 @ 20:44pm | #144
Que maravilla esas superposiciones de mapas.
Como se le ven las intenciones. Pues con la nueva ley de costas la que nos espera.
Autor: Aurora Porto Peñas o Domingo, 21.04.13 @ 21:23pm | #145
No se puede consentir que hagan lo que se les antoja saltándose las leyes. La mayorÃa absoluta no quiere decir dictadura, las leyes hay que seguirlas cumpliendo
Autor: Pedro Largueiro Pinto o Mércoles, 24.04.13 @ 18:17pm | #146
E o de Rodman xa ten praia propia
Autor: vanesa o Xoves, 2.05.13 @ 12:33pm | #147