Salvemos en Concerto



II CONCERTO SALVEMOS MONTEFERRO



FESTA E REIVINDICACIÓN
NA IGUANA CLUB

Dakidarría, Kogito e Monteferro fixeron vibrar o público que abarrotou a sala.







Actuación de Kogito Actuación de Kogito













Os dous grupos rivalizaron en facer que a peña se movese. E a peña non parou en toda a noite. En máis dunha ocasión, entre un tema e outro, o “Salvemos Monteferro” foi coreado por todos e todas. E mesmo acompañado musicalmente desde o esceario.


Actuación de Dakidarria

















E por suposto os músicos tamén falaron de Monteferro, e convocaron ós asistentes á importante cita do próximo sábado diante do Concello de Nigrán.


Actuación de Dakidarria













En fin, que o “baila pensa e loita” da canción de Dakidarría foi e sonou esta vez máis auténtico que nunca. Grazas mil a Kogito e a Dakidarría.

E a noite valeu tamén para a presentación das camisolas de Salvemos Monteferro. Certo que xa foran vistas por primeira vez en Santiago, hai uns días, cando un dos máis novos dos nosos compañeiros foi recoller o prestixioso Premio Minerva de narrativa. Parabéns Andrés.